FLORA E FAUNA AUTÓCTONA

Chegou o momento de dicir ATA LOGO!  e facer un resumo de todo o realizado ao longo deste curso que adicamos ao estudio das diferentes especies de plantas e animais de Galicia, pois o lema de VOZ NATURA “A FLORA E A FAUNA AUTÓCTONAS”. 

É a nosa responsabilidade contribuír á sustentabilidade do planeta e educar na sostinibilidade e o coidado da vida e do medioambiente, para elo o obxecto deste programa foi coñecer, recoñecer e conservar a flora e a fauna autóctonas.  Estamos rodeados de especies foráneas (ás veces invasoras) e de especies autóctonas. Estas últimas son na actualidade unhas grandes descoñecidas, por esta razón foi que neste curso estudiamos a flora e a fauna autóctonas. 

En Galicia contamos con factores ambientais diversos que caracterizan as diversas paisaxes que hai, como é o caso da climatoloxía, a orografía e a hidrografía, dando lugar a unha gran variedade de ecosistemas: fondos mariños, litorais, marismas, bosques, matogueiras, ríos, regatos, montañas e paisaxes agrarias. Ao longo deste curso coñecimos a diversidade de especies animais e vexetais que podemos atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poblacións.

Así pois, investigamos sobre a especies vexetais e animais da nosa contorna. Realizando diversos traballos de investigación, andainas organizadas polas mestras de Educación Física e outras en colaboración da técinico medioambiental do concello de Ames, ademais de outras actividades de reciclado e reutilización de materiais de refugallo, plantación e coidado do invernadoiro e xardíns…

Clica no vídeo e desfruta de todo o que fixo a rapazada do Agro ao longo deste curso!!!

MEMORIA FINAL: FLORA E FAUNA AUTÓCTONAS

Details

VÍDEO: MEMORIA FINAL FLORA E FAUNA AUTÓCTONAS

Descargar MEMORIA VOZ NATURA 23-24.mp4.1 [72.22MB]
Details