RUTA DA ANDORIÑA
A rapazada de 2º de Primaria ao longo desta semana non parou. Un día fan unha andaina pola contorna coa mestra de Educación Física, outro plantan carballos e castiñeiros e por último realizan a ruta da Andoriña (organizada por Patricia Reboreda, técnico medioambiental do concello de Ames) na zona da praia de Tapia.
Si que teñen enerxía!!! Se queres ver como o pasaron ao longo desta xornada clica na imaxe.