FALADOIRO: FOTOGRAFÍA DA NATUREZA
Como colofón e fin do proxecto "Os volantóns do Agro", o alumnado de 2B de Primaria contou coa visita de Luis Gutiérrez Molina ( recoñecido fotógrafo da natureza varias veces premiado).
Desde que a rapazada comezou o proxecto "Os volantóns do Agro" , a súa mestra estívolles contando algunhas historias que hai detrás de cada unha das fotografías das aves que estiveron estudiando para levar a cabo o proxecto "Os volantóns do Agro". Ao longo do tempo que desenvolveron este proxecto, amosaron tanto interese que a mestra quixo premialos convidando a Luis Guitiérrez. Desde o momento que souberon que ía vir non pararon de preguntar cando viría e esperaron con moitísima ilusión a súa visita. Hoxe a espera chegou á súa fin.
Este realizou unha charla moi interesante na que lles explicou información referente á fotografía e á observación da natureza, visualizaron unha presentación durante a explicación e por último, a rapazada puido manexar os elementos necesarios para unha boa e respetuosa observación do medio, centrada neste caso nas aves.
Para esta ocasión, os rapaces e rapazas se puideron poñer no lugar dos profesionais da fotografía da natureza. Manexaron cámaras profesionais. empregaron e observaron cun telescopio terrestre, tamén se puxeron traxes de camuflaxe e experimentaron a sensación de meterse nun "hide portatil".
Esta xornada foi toda unha experiencia moi enriquecedora da que disfrutaron e aprenderon un montón. Sobre todo, incidíuse na importancia do respeto á natureza e á súa biodiversidade. Pois, os bos fotógrafos e observadores da natureza son os primeiros garantes na conservación do medio e auténticos corresponsais da natureza a través das imaxes que realizan.
Esperamos que no día de hoxe os e as volantóns de 2º B espertaran as súas inquietudes e que de cara ao futuro sigan sendo grandes amantes e observadores da natureza.
Moitas grazas Luis pola túa visita e por lograr transmitir a pasión que sintes polo teu traballo e a conservación da natureza.
Se queres ver unha pequena mostra do que desfrutou a rapazada de 2º B, clica na imaxe.