A ANDAINA DA RAPAZADA DE 3º DE PRIMARIA

O martes 29 de outubro o terceiro nivel de primaria realizou a saída de sendeirismo. Unha ruta circular de 7 km que saía dende o aparcamento de Angueira de Castro, pasando polas aldeas de Xinzo, Beca, por diante da depuradora de Teo e cerca da carballeira do San Martiño. Merendamos máis adiante na explanada da ponte Paradela, no concello de Brión, proseguindo pola parte de abaixo do castro Lupario e chegando a aldea de Angueira de Castro, concello de Rois, que cruzamos para acercarnos ao merendeiro do río Tinto e ao pazo do Faramello, tamén dentro do concello de Rois. Aquí, no souto que hai ao lado do pazo, había moitos castiñeiros e varios dos alumnos e alumnas de paso que facían o traxecto, recolleron castañas. Eran unhas castañas grandes e estaban en perfectas condicións. Regresamos despois ao lugar de partida onde nos recolleu o bus para voltar ao centro do Agro do Muíño

Vídeo: Andaina de 3º de Primaria

Descargar ANDAINA _3ºPRIMARIA.mp4 [43.59MB]
Details