Obtención dos datos
Para obter os datos do noso Climograma nos recurrimos á web Climate-data.org a pesares de que contén demasiada publicidade e os datos non teñen a confiabilidade de organismos coma MeteoGalicia ou a propia AEMET.
Nesta web, seleccionamos a localidade do noso interese, no noso caso Betanzos.
Dos datos para "Betanzos" atopados, temos que seleccionar os de Betanzos España:
Dentro da pantalla que nos sae baixamos ata atopar unha táboa con datos. Esta táboa será o noso punto de partida.
Tratamento inicial de datos
Seleccionamos os datos da táboa, os copiamos e levamos a un ficheiro novo en Libre Office Calc:
Eliminamos aquelas filas que non nos interesan premendo no número de fila botón dereito eliminar. Eliminamos tamén os datos de temperaturas en Farenheit e precipitacións en pulgadas (inches). Asimesmo, sustituimos os puntos por comas e eliminamos a coletilla ºC das celas de datos. (Esta operación de tratamento previo dos datos será a máis tediosa de todo o exercizo pero é imprescindible para que Calc os interprete coma números para poder incorporar á nosa gráfica climograma)
Ficheiro tratado datos Betanzos para Climograma
-
Descargar datosBetanzos.ods
datosBetanzos.ods Detalles
- Monday, 03 May 2021 [8.5KB]
Formato de táboa e creación da gráfica
Podes ver este proceso no vídeo inserido si final desta páxina. Primeiro poñemos xeitosa a nosa táboa simplemente, aplicando un estilo de formato automático.
Ao facer unha vista preeliminar, decatámonos de que a táboa non cabe na páxina polo que cambiamos a orientación da páxina e a escala da mesma.
Seleccionamos todas as celas que imos meter na nosa táboa e imos inserir unha gráfica. O tipo de gráfico a seleccionar será un gráfico de columnas e liña. Eleximos serie de datos en filas e facemos que as temperaturas señan a liña e as barras correspondan aos datos de precipitacións.
Como vemos, a gráfica das temperaturas está moi baixiña, iso é porque vai acoplado ao mesmo eixo Y, temos que engadir un novo eixo Y secundario para as temperaturas e asignar á liña a este novo eixo Y.
Para iso temos que clicar co boton dereito na gráfica e seleccionar inserir eixos. Seleccionamos eixo Y secundario.
Logo formatamos este eixo Y (dobre clic no eixo secundario engadido) e o cambiamos a unha escala diferente, fixando un novo máximo e intervalo para o mesmo.
Por último, seleccionamos a liña clicando nela, logo botón dereito do rato, eleximos formatar series de datos. No cadro de diálogo que nos aparece, seleccionaremos asociar á liña ao eixo Y secundario. Aproveitamos na lapela liña para cambiar a cor e grosor da mesma.
Saímos da edición da gráfica clicando fóra dela e logo colocámola, inserimos encabezado e pé de páxina. Axustamos marxes e exportamos a pdf. O noso climograma está listo xa para imprimir ou publicar.