Entruido xalleiro fotos.png

Lembrade que as copias de foto que se entreguen ao centro non se van devolver. Quedarán expostas no mural. Grazas.

Explicación das actividades previstas para celebrar o Entruido Xalleiro no Barrié

Prezadas familias,

Aquí vos deixamos o mural colaborativo sobre a celebración do antigo "Entruido" Xalleiro.

Moitas grazas a todas e todos os que aportastes material para elaboralo.
Comeza a semana de "Entruido" no Barrié. Agardamos que o vivades e gocedes tanto coma nós!

EDLG

Folla informativa

Xa podedes gozar das fotos e vídeo da nosa celebración do "Entruido Xalleiro".  O alumnado representando as parroquias do noso Concello foi desfilando e intercambiando agasallos todo ao ritmo das músicas máis "entruideiras" e dos folións.

(se algo non se ve lembrade facer clic no título do módulo para que se abra)

5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB bailan a Muiñeira más actual e "entruideira"

Descargar Muiñeiras.mp4 [95.04MB]
Details

Pregoeir@s dos mandadiños da Meca

Vera, Anxo, Jhoni e Claudia son as persoas afortunadas de recitar de aula en aula os mandadiños da nosa caprichosa Meca.