8 M.png

Un ano máis o alumnado do noso centro recibirá a visita de mulleres fortes, de mulleres que cambian o mundo e por suposto de mulleres de Santa Comba, as nosas mulleres mulleres xalleiras. Non perdas as súas visitas e entrevistas.

(lembrade facer clic nas cabeceiras que vos interesen para despregar e poder visualizar os contidos)

Cartel

EI entrevista a Regina Muñiz

O alumnado de Educación Infantil gozou da visita de Regina Muñiz. A través das historias sobre "Villa Regina" o alumnado aprendeu a importancia do coidado dos animais e de ser sostibles. Grazas Regina por contalo tan ben.

Escoita para das informacións que Regina contou ao alumnado

Descargar 8_M_Regina_Muñiz.mp3 [10.37MB]
Details

5ºB entrevista María Villa-enfermenira

As nenas e os nenos de 5ºB gozaron dunha charla estupenda na compaña de Sofía! Esta muller xalleira compartiu con nós o seu día a día como enfermeira. Unha entrevista chea de moitas cousiñas que aprender e reflexionar! Grazas Sofía!

Podcast entrevista Sofía Villa

Descargar Entrevista Sofía Villa.mp3 [17.74MB]
Details

5ºA entrevista María Ramos-gandeira

O alumnado de 5ºA tivo unha charla xenial na radio, con María Ramos. Esta muller xalleira contounos o seu día a día como gandeira nas terras do Xallas. Realmente unha entrevista para escoitar e aprender da súa experiencia. Grazas María!!!

Podcast entrevista María Ramos

Descargar Entrevista María Ramos.mp3 [7.27MB]
Details

6ºA e 6ºB Mª del Carmen Rey Núñez (Escritora)

O alumnado de 6ºA e 6ºB de EP tivo a oportunidade de coñecer á escritora Mª del Carmen Rey Núñez. Escoitaron da súa propia voz algúns fragmentos das súas obras como "Mulleres" ou "Escapados". Grazas pola túa fermosa visita. 

3ºA, 3ºB e 3ºC entrevista Bea Velo e Silvia Cancelo-Mundo fútbol

As nenas e os nenos de terceiro pasaron unha mañá xenial na compaña de dúas mulleres xalleiras, grandes coñecedoras do mundo do fútbol! Bea e Silva compartiron a súa experiencia dentro deste deporte, dende unha perspectiva moi diferente!!! Unha entrevista moi aproveitable para aprender cousas novas!!! Grazas a Bea e a Silvia!!!

Podcast entrevista Bea Velo e Silvia Cancelo

Descargar Entrevista completa 3º.mp3 [38.35MB]
Details

1ºA e 1ºB entrevista Cati López-Interiorismo

As nenas e os nenos de primeiro gozaron dunha charla estupenda na compaña de Cati! Esta muller xalleira compartiu con nós, a súa experiencia no mundo do interiorismo, nas súas diferentes facetas! Unha entrevista chea de moitas cousiñas que aprender! Grazas Cati!

1ºA e 1ºB Podcast Cati López

Descargar 1ºA e B.mp3 [23.01MB]
Details

4º A e 4ºB entrevista-Filo Espasandín-Zapateira

O alumnado de cuarto gozou dunha mañá estupenda na compaña de Filo! Esta entrañable muller xalleira, con todo cariño e sinxeleza, compartiu as súas vivencias do oficio de zapateira cos nenos e nenas! Cantas cousas aprendemos! Grazas Filo!

4ºA-Podcast Filo Espasandín

Descargar 4ºA.mp3 [24.92MB]
Details

4ºB-Podcast Filo Espasandín

Descargar 4ºB.mp3 [41.88MB]
Details

2ºA e 2ºB entrevista a Eva Rieiro - Ilustrado

O alumnado de 2ºA e 2ºB gozou dunha visita marabillosa. A Ilustradora xalleira Eva Rieiro visitou o noso centro e compartiu co alumnado toda a súa arte e cratividade. Con ela aprenderon todo o que pode haber detras dun bonito debuxo e todo o que, con eles, podemos expresar.

Eva Rieiro - Podcast da entrevista

Details