Proxecto conxunto entre Educación Infantil e 3º e 4º de Educación Primaria
O alumnado de 3º e 4º transforma en interactivo un mural realizado polo alumnado de EI sobre os Castelos.
Descobre aquí o proceso!
Que aprendeu o alumnado de 3º e 4º
- Arrancar e apagar equipos informáticos.
- Concepto de circuíto eléctrico aberto e pechado.
- Concepto de material condutor.
- Funcionamento da placa Makey Makey.
- Termos TIC: ubicación do escritorio, minimizar, maximizar, conector USB, extensión dun arquivo, cableado de pinza de crocodilo.
- mBlock (programa de programación por bloques): acceder ao programa, subir sons, facer un programa sinxelo, gardar un programa no escritorio cun nome axeitado.
O mural rematado
O mural rematado - Galería de imaxes
Imaxes do programa definitivo
Descarga aquí o ficheiro de programación
-
Descargar Os sons do castelo.sb2
Os sons do castelo.sb2 Detalles
- Monday, 25 April 2022 [3.6MB]