Escape Room no Camiño!
Atención rapazada, sodes un grupo de peregrinas e peregrinos medievais a Santiago de Compostela que perdéronse no camiño e ao entraren nun pazo para pedir axuda quedaron atrapadas. So a través de colaborar e resolver varias probas poderedes saír dos muros vellos que vos rodean e voltar ao bo camiño. Pero coidado, porque as pedras comezan a caer, o teito parece ceder e non hai moito tempo para facer fronte os desafíos e chegar ao exterior. Estades con forzas e cos miolos ben espertos para superar esta aventura? Como bos e boas peregrinas, todo o que saibades do Camiño vaivos axudar!!