Excursión ás Torres do Allo

Miniatura Torres do Allo.png

O conxunto arquitectónico de Torres do Allo, situado no concello de Zas, na provincia de A Coruña, é, con toda probabilidade, o primeiro dos pazos galegos. A súa construción remóntase máis de cinco séculos atrás. 500 anos de historia pasaron polas pedras que sosteñen aínda hoxe unha das casas señoriais máis fermosas de Galicia. Entre finais do século XV e comezos do XVI comezaba a construción dun edificio maxestoso que abraiou pola súa factura e concepción ás xentes do seu tempo.

Acompaña ao alumnado de Educación Infantil no seu discorrer!

Páxina oficial do pazo