Marco de referencia da competencia dixital docente

Competencia Dixital Docente

Competencia Dixital Docente

Área 1. Compromiso profesional

Área 2. Contidos dixitais

Área 2. Contidos dixitais

Área 3. Ensino e aprendizaxe

Área 3. Ensino e aprendizaxe

Área 4. Avaliación e retroalimentación

Área 4. Avaliación e retroalimentación

Área 5. Empoderamiento do alumnado

Área 5. Empoderamiento do alumnado

Área 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado

Área 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado

Infografía. Área 1. Compromiso profesional

área1.jpg.1

1.1 Comunicación organizativa.

Descrición. Utilizar as tecnoloxías dixitais establecidas polas Administracións Educativas ou, no seu caso, polos titulares do centro, para aplicar as estratexias de comunicación organizativa entre os axentes da comunidade educativa e destes con terceiros, contribuíndo á mellora das devanditas estratexias e á proxección da imaxe institucional da organización.

Etapas de progresión

Niveis de progresión

Indicadores de logro

Afirmacións sobre o desempeño

A. Coñecemento e aplicación en contornos controlados das tecnoloxías dixitais propostas polas administracións educativas (AAEE) ou os titulares do centro para mellora-la comunicación e a proxección da imaxe institucional da organización.

A1. Coñecemento xeral das tecnoloxías de comunicación máis utilizadas nos contextos educativos e comprensión da súa finalidade.

1.1.A1.1. Comunícase empregando as normas básicas da etiqueta dixital mediante tecnoloxías dixitais: correo electrónico, foros, chat, sistemas de videoconferencia, etc.

1.1.A1.2. Utiliza cada unha das xeramentas de forma correcta adaptándoas ao contexto comunicativo.

1.1.A1.3. Coñece as características, funcionalidades, opcións de accesibilidade e limitacións das xeramentas de comunicación, así como a normativa aplicada ó seu uso no ámbito educativo.

Utilizo tecnoloxías dixitais para a comunicación en función do contexto.

A2. Iniciación no uso das tecnoloxías dixitais determinadas pola Administración educativa (AE) ou titulares do centro educativo en situacións de comunicación organizativa.

1.1.A2.1. Coñece e aplica, baixo supervisión, as políticas de uso aceptable das ferramentas de comunicación organizativa establecidas pola AE ou os titulares do centro.

1.1.A2.2. Emprega, co asesoramento doutros docentes e garantindo a accesibilidade, as tecnoloxías dixitais establecidas pola AE ou os titulares do centro nun contexto real de comunicación no ámbito educativo.

Utilizo, de forma guiada, as ferramentas de comunicación establecidas pola AE ou os titulares do centro seguindo as políticas de uso aceptable.

B. Integración das tecnoloxías dixitais para a comunicación establecidas pola AE ou polos titulares do centro no desempeño profesional.

B1. Adopción das estratexias de comunicación organizativa do centro educativo a través de tecnoloxías dixitais.

1.1.B1.1. Comunícase de forma autónoma e convencional cos axentes da comunidade educativa empregando, en cada caso, a xeramenta dixital máis adecuada de entre as establecidas pola AE ou os titulares do centro para ese fin.

1.1.B1.2. Aplica as políticas de uso aceptable das ferramentas de comunicación organizativa establecidas pola AE ou os titulares do centro.

Utilizo de forma correcta, autónoma e selectiva as xeramentas de comunicación establecidas pola AE ou os titulares do centro.

B2. Adaptación do uso das tecnoloxías dixitais para a mellora da comunicación organizativa.

1.1.B2.1. Identifica e pon en práctica usos complementarios das ferramentas de comunicación organizativa respectando as políticas de uso aceptable establecidas no centro.

1.1.B2.2. Colabora no desenvolvemento ou mellora do plan de comunicación do centro.

1.1.B2.3. Presta apoio, de maneira informal, a outros docentes, na correcta utilización das tecnoloxías para a comunicación do centro.

Aplico e difundo (no centro) o uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación en novos contextos.

C. Investigación, avaliación e deseño de novas estratexias de comunicación organizativa en contextos educativos.

C1. Avaliación das tecnoloxías dixitais para a comunicación empregadas no centro educativo e coordinación do plan de comunicación organizativa.

1.1.C1.1. Avalia as funcionalidades, rendemento, accesibilidade e limitacións das xeramentas de comunicación organizativa empregadas polo centro para lograr un uso máis eficiente.

1.1.C1.2. Coordina a elaboración do plan de comunicación dixital do centro asegurando que sexa acorde á normativa vixente e inclúa aspectos relativos á política de uso aceptable, a etiqueta dixital e o fluxo de traballo.

1.1.C1.3. Forma a outros membros da comunidade educativa do seu centro en actividades institucionalizadas sobre o uso das tecnoloxías dixitais para a comunicación.

Avalia as tecnoloxías dixitais e o seu uso no centro para facer propostas de mellora da comunicación organizativa. Formo a outros membros da comunidade educativa sobre o uso adecuado das tecnoloxías dixitais de comunicación do centro.

C2. Deseño das estratexias de comunicación organizativa dos centros docentes.

1.1.C2.1. Participa en proxectos de investigación e deseño de xeramentas de comunicación organizativa adaptadas ós centros educativos.

1.1.C2.2. Publica ou forma sobre novas estratexias de comunicación organizativa en centros educativos.

Fago contribucións innovadoras para a mellora da comunicación organizativa nos centros educativos atendendo a criterios de calidade, eficiencia, accesibilidade, requisitos técnicos e de conformidade coa normativa vixente.

 

 

 

1.2 Participación, colaboración e coordinación profesional.

Descrición. Utilizar as tecnoloxías dixitais para participar nos órganos colexiados de goberno e de coordinación docente do centro, para coordinarse cos integrantes dos equipos docentes, dos servizos de orientación e apoio educativo, así como para colaborar con profesorado doutros centros, educadores e membros doutras institucións no desenvolvemento de plans e proxectos específicos promovidos desde o centro educativo.

Etapas de progresión Niveles de progresión Indicadores de logro Afirmaciones sobre el desempeño
A. Coñecemento e aplicación guiada das tecnoloxías dixitais para a participación nos órganos de goberno e de coordinación docente. A1. Coñecemento teórico/práctico do uso das tecnoloxías de colaboración.

1.2.A1.1. Identifica as funcionalidades, condicións de seguridade, protección de datos e privacidade, características técnicas (accesibilidade, interoperabilidade,...) de distintas plataformas de colaboración coa fin de seleccionar unha que se adecúe á finalidade coa que se desexa empregar.

1.2.A1.2. Utiliza distintas plataformas de colaboración con aplicación profesional para o seu uso persoal.

Coñezo as posibilidades e limitacións de plataformas de colaboración utilizadas en contextos educativos e as uso en proxectos persoais.
A2. Participación formal nos órganos de coordinación docente do centro empregando, de forma guiada, as tecnoloxías dixitais establecidas pola AE ou os titulares do centro. 1.2.A2.1. Utiliza, de forma guiada, as distintas plataformas de participación e coordinación docentes establecidas pola AE ou os titulares do centro. Participo, mediante tecnoloxías dixitais, nos órganos de coordinación e de goberno de forma guiada.
B. Utilización das tecnoloxías dixitales do centro para a participación e coordinación docente e transferencia das estratexias de colaboración ao desenvolvemento  de proxectos institucionais. B1. Uso convencional e autónomo das tecnoloxías dixitais establecidas pola AE ou os titulares do centro para a participación e colaboración docente.

1.2.B1.1. Emprega, de forma autónoma, as tecnoloxías dixitais e aplica os protocolos establecidos pola AE ou polos titulares do centro para levar a cabo as tarefas administrativas ligadas ás funcións docentes, para participar nos órganos colexiados de goberno e de coordinación docente e cos servizos institucionais externos.

1.2.B1.2. Adopta as estratexias de colaboración mediante tecnoloxías dixitais propostas polo centro nos distintos procesos de coordinación e participación interna.

Utilizo as tecnoloxías dixitais establecidas pola AE ou polos titulares do centro seguindo os protocolos e estratexias propostas para levar a cabo as tarefas administrativas e para participar nos órganos colexiados de goberno e nos de coordinación docente.
B2. Transferencia e adaptación das estratexias e dinámicas de colaboración profesional a plataformas e contornas dixitais para o desenvolvemento de proxectos institucionais.

1.2.B2.1. Participa no desenvolvemento de proxectos institucionais, tanto dentro do centro como con axentes externos, empregando plataformas dixitais de colaboración.

1.2.B2.2. Adapta as estratexias e dinámicas de colaboración ás funcionalidades da plataforma dixital empregada e á finalidade específica do proxecto ou tarefa.

1.2.B2.3. Asesora, de xeito informal, a outros docentes no uso das tecnoloxías dixitais para a colaboración docente.

Adapto, dentro das pautas contempladas no plan dixital do centro, as estratexias de colaboración profesional á finalidade dos proxectos institucionais ou tarefas específicas nos que participo e ás características das plataformas dixitais empregadas.
C. Innovación das prácticas profesionais docentes de participación, coordinación e colaboración mediante tecnoloxías dixitais. C1. Avaliación das ferramentas dixitais de participación, coordinación e colaboración profesional empregadas polo centro e coordinación das actuacións asociadas ao seu uso.

1.2.C1.1. Deseña e lidera a implementación dos protocolos de participación, coordinación e colaboración a través das tecnoloxías dixitais do centro e coordina a súa revisión e mellora.

1.2.C1.2. Ofrece asistencia, asesoramento e apoio institucional ao profesorado do centro sobre as dinámicas para facilitar a participación, colaboración e coordinación empregando as tecnoloxías dixitais.

1.2.C1.3. Participa en proxectos de investigación sobre o uso de plataformas dixitales para a colaboración docente.

Coordino os protocolos de uso e as actuacións previstas no plan dixital do centro para canalizar, a través das estratexias adecuadas, a participación, coordinación e colaboración profesional empregando as ferramentas proporcionadas pola A. E. ou os titulares do centro.
C2. Investigación sobre novos modelos de colaboración profesional a través plataformas dixitais.

1.2.C2.1. Identifica novas funcionalidades que permitirían implementar estratexias de colaboración máis eficaces no ámbito educativo a través das tecnoloxías dixitais.

1.2.C2.2. Investiga sobre o impacto das tecnoloxías dixitales nos aspectos organizativos dos centros educativos e na participación, coordinación e colaboración profesional en ditas organizacións.

1.2.C2.3. Deseña novos modelos de participación, coordinación e colaboración profesional a través de tecnoloxías dixitais no ámbito educativo.

1.2.C2.4. Publica ou forma sobre novos modelos de participación, coordinación e colaboración profesional a través de tecnoloxías dixitales no ámbito educativo.

Deseño novos modelos de colaboración, coordinación y participación profesional empleando tecnoloxías dixitales a partir da investigación sobre o seu impacto e adecuación ás tarefas e proxectos educativos.

 

 

 

1.3 Práctica reflexiva.

Descrición. Reflexionar, de xeito individual e colectivo, sobre a práctica pedaxógica dixital que se desenvolve na aula e no centro coa finalidade de aplicar as melloras identificadas a través deste proceso.

 

Etapas de progresión Niveles de progresión Indicadores de logro Afirmaciones sobre el desempeño
A. Coñecemento e aplicación guiada de modelos de análise, reflexión e avaliación, tanto individual como conxunta, do uso das tecnoloxías na práctica docente. A1. Coñecemento de ferramentas e modelos para levar a cabo un análise reflexivo do uso das tecnoloxías dixitais na práctica docente.

1.3.A1.1. Distingue distintos modelos de prácticas pedagóxicas dixitais e analiza teóricamente as súas  vantaxes e inconvenientes.

1.3.A1.2. Coñece instrumentos de apoio para reflexionar de forma crítica sobre a práctica docente, tanto de forma individual como colectiva.

Identifico prácticas pedagóxicas dixitais e  posiciónome, de forma xustificada, con respecto á súa aplicación na aula.
A2. Práctica reflexiva tutelada. 1.3.A2.1. Reflexiona, de forma individual ou colectiva, asesorado por profesorado do seu centro ou por expertos externos, sobre aspectos técnicos ou metodolóxicos concretos da súa práctica docente dixital que considerase relevantes. Analizo, co asesoramento doutro docente ou dun formador, algún aspecto técnico ou metodolóxico relevante das prácticas pedagóxicas dixitais tuteladas que levei a cabo tendo en conta tanto o proceso desenvolvido como os resultados obtidos.
B. Análise e aplicación das prácticas pedagóxicas dixitais na aula. B1. Análise e reflexión individual sobre a aplicación persoal das metodoloxías e tecnoloxías dixitais.

1.3.B1.1. Identifica problemas na súa práctica pedagóxica con tecnoloxías dixitais e os resolve adoptando solucións estandarizadas aportadas por outros docentes.

1.3.B1.2. Examina a implementación dos métodos de integración das tecnoloxías dixitais que levou a cabo na súa práctica docente, analizando o proceso desenvolvido, os resultados obtidos e o modo no que reaccionou a situacións imprevistas.

Identifico os problemas que se me presentan analizo a resposta que din ante situacións imprevistas para reelaborar a miña práctica pedagóxica dixital empregando solucións que me aportan outros docentes ou que recollo de Internet.
B2. Aplicación sistemática da práctica reflexiva ao utilizar as tecnoloxías dixitais como método para a mellora do seu desempeño profesional.

1.3.B2.1. Analiza, no seo dun equipo docente, as súas propias prácticas dixitales pedagóxicas empregando os datos obtidos a través do uso de ferramentas de observación.

1.3.B2.2. Modifica as súas intervencións concretas na aula de forma planificada e reflexiva a partir das conclusións obtidas da análise da súa propia práctica.

1.3.B2.3. Pondera as consecuencias educativas e éticas das súas decisións e cuestiona as súas propias creencias pedagóxicas sobre o uso das tecnoloxías dixitais na práctica docente.

1.3.B2.4. Deseña estratexias para xestionar a incerteza derivada da planificación de prácticas transformadoras perfiladas tras a análise.

Analizo de forma sistemática as miñas prácticas dixitais para identificar o modelo pedagóxico subxacente (colaborativo, competitivo, individual, grupal, etc.) e poder, así, redefinilas.
C. Investigación e avaliación sobre prácticas pedagóxicas dixitais. C1. Análise das prácticas pedagóxicas dixitais propias e doutros.

1.3.C1.1. Coordina procesos de mellora continua do desempeño docente empregando tecnoloxías dixitais a través da práctica reflexiva.

1.3.C1.2. Analiza os resultados da súa práctica pedagóxica dixital, formula hipótese, recaba datos para contrastalas e proxecta e desenvolve accións futuras.

1.3.C1.3. Apoia a outros docentes do seu centro sobre a mellora da súa práctica profesional dixital mediante a análise crítico e a reflexión conxunta.

Avalío, reflexiono e debato de forma colaborativa a política e as prácticas pedagóxicas e organizativas acerca do uso das tecnoloxías dixitais no meu centro.
C2. Investigación e liderado no desenvolvemento de procesos de práctica reflexiva.

1.3.C2.1. Investiga o impacto da práctica reflexiva na mellora do desempeño docente utilizando tecnoloxías dixitais.

1.3.C2.2. Asesora a outros docentes para que desenvolvan de forma autónoma procesos de investigación-acción a través da práctica reflexiva.

Contribúo ao desenvolvemento de procesos de reflexión e investigo sobre o seu impacto na mellora das prácticas, métodos e políticas dixitais na educación.

 

1.4 Desenvolvemento profesional dixital continuo.

Descrición. Desenvolver de forma continuada as competencias profesionais docentes a través de medios dixitais. Manter actualizada a competencia dixital docente.

Etapas de progresión Niveles de progresión Indicadores de logro Afirmaciones sobre el desempeño
A. Participación en actividades formativas para a aplicación práctica dos modelos teóricos de desenvolvemento profesional sobre ou a través das tecnoloxías dixitais. A1. Construción de modelos docentes de referencia e identificación das necesidades formativas para a súa concreción na práctica. 1.4.A1.1. Identifica as súas necesidades de desenvolvemento profesional para aplicar na práctica, mediante as tecnoloxías dixitais, a súa formación teórica. Emprego as tecnoloxías dixitais para identificar e reflexionar, de forma teórica, sobre as habilidades pedagóxicas que caracterizan a un bo docente, en especial a súa competencia dixital, para telo como referente no meu desenvolvemento profesional continuo (DPC).
A2. Participación en actividades formativas vinculadas coa práctica inicial contextualizada no centro e no seu propio desempeño profesional sobre e/ou a través das tecnoloxías dixitais. 1.4.A2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional. Identifico, con axuda de outros compañeiros e/ou expertos, as miñas necesidades de formación para o desenvolvemento da miña práctica profesional sobre e a través das tecnoloxías dixitais.
B. Selección e participación en actividades de desenvolvemento profesional docente adaptadas ás súas necesidades sobre ou a través das tecnoloxías dixitais. B1. Actualización e desenvolvemento profesional a través de tecnoloxías digitais ou sobre o seu uso educativo empregando recursos elaborados por expertos.

1.4.B1.1. Participa en actividades de formación para o desenvolvemento profesional docente dirixidas por expertos, en liña ou presenciais, nas que se utilicen recursos dixitais para o seu desenvolvemento.

1.4.B1.2. Participa en cursos dirixidos ao desenvolvemento da competencia dixital docente.

1.4.B1.3. Utiliza os recursos de Internet para a aprendizaxe autodeterminado no ámbito profesional.

Participo en actividades formativas dirixidas ou deseñadas por expertos vencelladas cos meus ámbitos de mellora sobre a competencia dixital e/ou a través de medios dixitais.
B2. Participación en actividades formativas dirixidas a equipos profesionais que requiran a intervención activa dos seus membros no deseño instrutivo e o uso de tecnoloxías dixitais. 1.4.B2.1. Adapta os coñecementos e experiencias, intercambiados en comunidades profesionales en liña e/ou actividades formativas presenciais sobre o uso das tecnoloxías digitais e avalía a súa posta en práctica. Adapto novos coñecementos integrándoos na miña práctica pedagóxica docente e avalío o proceso e os seus resultados.
C. Creación colaborativa de novas actividades e modelos de formación para o desenvolvemento profesional continuo. C1. Coordinación e deseño de actividades e materiais formativos para a mellora da práctica pedagóxica dixital e/ou a través de contornas dixitais.

1.4.C1.1. Coordina actividades de formación en liña ou presenciais sobre competencia dixital docente no propio centro.

1.4.C1.2. Titoriza, actúa como formador ou dinamiza actividades de formación para o desenvolvemento profesional docente sobre a práctica pedagóxica dixital ou a través de contornas dixitais.

Avalío, reflexiono e debato no meu centro sobre as necesidades formativas individuais e colectivas para o desenvolvemento profesional docente. Actúo como formador en diversas actividades sobre a práctica pedagóxica dixital e/ou a través de contornas dixitais.
C2. Deseño de novos programas de investigación aplicada á educación para o desenvolvemento profesional docente mediante as tecnoloxías dixitais.

1.4.C2.1. Utiliza as tecnoloxías dixitales para asesorar a outros compañeiros sobre prácticas de ensino innovadoras.

1.4.C2.2. Deseña e aplica programas de investigación educativa para o desenvolvemento profesional docente sobre ou a través das tecnoloxías dixitais.

1.4.C2.3. Crea e aplica novos modelos de DPC sobre ou a través das tecnoloxías dixitais.

Deseño, a través de procesos de investigación, e aplico novos modelos de desenvolvemento profesional docente con compañeiros utilizando as tecnoloxías dixitais.

 

 

 

1.5 Protección de datos personais, privacidade, seguridade e benestar dixital.

Descrición. Protexer os datos persoais, as comunicacións e o acceso aos dispositivos, dentro do ámbito educativo, para evitar os riscos e ameazas que afecten aos dereitos e garantías dixitais de todos os membros da comunidade educativa contemplados na normativa vixente. Utilizar de maneira responsable, segura e saudable as tecnoloxías dixitais para evitar riscos laborais, persoais e na contorna e para garantir o benestar físico, psicolóxico e social do alumnado ao utilizar as tecnoloxías dixitais.

Etapas de progresión Niveis de progresión Indicadores de logro Afirmacións sobre o desempeño
A. Coñecemento das medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade, dereitos dixitais e benestar dixital aplicadas no ámbito educativo. 

A1. Coñecemento xeral de medidas para protexer os datos persoais, a privacidade, a seguridade, os dereitos dixitais e o benestar ao utilizar as tecnoloxías dixitais en contextos educativos.

 

1.5.A1.1.

Recoñece os riscos e ameazas da actividade dixital e utiliza medidas de carácter xeral para protexer os datos persoais e o acceso aos dispositivos no ámbito profesional.

1.5.A1.2.

Coñece medidas xerais para garantir a protección de datos e a seguridade do alumnado e dos menores en contornas dixitais.

1.5.A1.3. Aplica medidas para garantir o benestar físico e psicolóxico e o coidado da contorna no uso das tecnoloxías dixitais.

Coñezo as medidas para protexer os datos persoais, a privacidade, a seguridade, os dereitos dixitais e o benestar ao utilizar as tecnoloxías dixitais en contextos educativos, especialmente con menores, e as normas básicas de protección da saúde física e psicolóxica e do medio ambiente.
A2. Coñecemento e aplicación, de forma guiada, das medidas de protección dos datos persoais e a privacidade, así como das de seguridade e salvagarda dos dereitos dixitais e o benestar ao utilizar as tecnoloxías dixitais en contextos educativos reais.

1.5.A2.1. Contextualiza e cumpre as medidas establecidas pola AE ou os titulares do centro para a protección dos datos persoais, a privacidade e a garantía de dereitos dixitais de toda a comunidade educativa co asesoramento doutros docentes do centro.

1.5.A2.2.

Recoñece os riscos e ameazas da actividade dixital e cumpre as medidas de seguridade e prevención establecidas polo centro educativo, no plan dixital, co apoio dos responsables do centro.

1.5.A 2.3.

Identifica os riscos e ameazas para a saúde física e psicolóxica do alumnado asociada ao uso das tecnoloxías dixitais e cumpre coas pautas establecidas polo centro para a creación dunha contorna saudable.

Coñezo e aplico, co asesoramento doutros docentes, as medidas establecidas pola AE ou os titulares do centro para a protección dos datos persoais, a privacidade e a garantía de dereitos dixitais de toda a comunidade educativa, así como as medidas incluídas no plan dixital do centro para garantir o benestar dixital.
B. Adopción e avaliación das medidas sobre protección de datos, privacidade, seguridade, dereitos dixitais e benestar dixital aplicadas no centro educativo.  B1. Uso sistemático e autónomo das medidas establecidas para protexer os datos persoais e a privacidade, así como as medidas de seguridade e salvagarda dos dereitos dixitais e o benestar ao utilizar as tecnoloxías dixitais no centro educativo. educativo.

1.5.B1.1.

Aplica, de maneira autónoma, as medidas propostas pola AE ou os titulares do centro para protexer os datos persoais propios e alleos.

1.5.B1.2.

Aplica as medidas de prevención e identifica situacións nas que se puideron vulnerar os dereitos persoais e dixitais ou nas que se puxo en perigo a seguridade física e psicolóxica de calquera membro da comunidade educativa como consecuencia do uso das tecnoloxías dixitais e actúa fronte a elas aplicando o protocolo establecido no centro.

1.5.B1.3.

Realiza un uso racional das tecnoloxías dixitais encamiñado a reducir o impacto no medioambiente aplicando as políticas de uso das tecnoloxías establecidas no centro. 

Cumpro, de forma autónoma e sistemática, as medidas para protexer os datos persoais e a privacidade, así como as medidas de seguridade e salvagarda dos dereitos dixitais e o benestar ao utilizar as tecnoloxías dixitais na miña desempeño docente.
B2. Colaboración na avaliación dos plans e protocolos do centro relacionados coa protección de datos persoais, a privacidade, a seguridade, os dereitos dixitais e o benestar ao utilizar as tecnoloxías dixitais. 

1.5.B2.1.

Colabora no deseño e a avaliación dos protocolos para a aplicación das medidas establecidas pola AE ou os titulares do centro sobre protección de datos persoais e garantías de dereitos dixitais #de acordo con a normativa vixente.

1.5.B2.2.

Contribúe ao deseño do plan de convivencia no relativo ao uso das tecnoloxías dixitais e ao seu impacto no benestar físico e psicolóxico do alumnado.

1.5.B2.3.

Colabora na inclusión, no plan dixital de centro, de actuacións que promovan a sustentabilidade ambiental no uso dos recursos dixitais e o seu posterior seguimento.

1.5.B2.4.

Axuda, de maneira informal, a outros docentes do seu centro na aplicación das medidas sobre protección de datos persoais. 

Colaboro co equipo directivo no deseño e avaliación de calquera iniciativa relacionada coa seguridade, a protección de datos, a garantía dos dereitos dixitais, o benestar físico e psicolóxico do alumnado e a sustentabilidade ambiental relacionados co uso de tecnoloxías dixitais.
C. Deseño e concreción de medidas para a protección dos datos persoais, a privacidade, a seguridade, os dereitos dixitais e o benestar dixital da comunidade educativa.  
  
C1. Identificación de riscos e concreción de medidas para a protección de datos, a privacidade e os dereitos dixitais e para a seguridade no centro educativo e colaboración no deseño das actuacións para lograr unha convivencia positiva en relación ao uso das tecnoloxías dixitais.

1.5.C1.1.

Concreta para o seu centro, en colaboración co responsable de protección de datos e seguindo as indicacións do delegado, as medidas para garantir a seguridade de datos persoais, servizos, redes e dispositivos.

1.5.C1.2.

Analiza os riscos que poden derivarse do uso das tecnoloxías dixitais emerxentes para a seguridade, protección de datos, privacidade, dereitos dixitais e benestar. 1.5.C1.3. Articula as medidas para garantir a coherencia entre o Plan de Convivencia e o plan dixital do centro relacionadas coa prevención, detección e actuación #ante os riscos do uso das tecnoloxías dixitais e ofrece asesoramento.

1.5.C1.4.

Asesora e forma a docentes do propio centro sobre a aplicación das medidas de protección de datos e benestar dixital establecidas pola A. E. ou os titulares do centro. Coordino, analizando a súa coherencia e actualización, as medidas recollidas no plan dixital do centro e no Plan de Convivencia sobre seguridade e benestar dixital. Asesoro, en colaboración co responsable de protección de datos e seguindo as indicacións do delegado, sobre a aplicación das súas instrucións no centro educativo.

Coordino, analizando su coherencia y actualización, las medidas recogidas en el plan digital del centro y en el Plan de Convivencia sobre seguridad y bienestar digital. Asesoro, en colaboración con el responsable de protección de datos y siguiendo las indicaciones del delegado, sobre la aplicación de sus instrucciones en el centro educativo.
C2. Referente no deseño e aplicación de protocolos ou medidas de seguridade, protección de datos persoais, privacidade, dereitos dixitais e benestar relacionados coa utilización das tecnoloxías dixitais no ámbito educativo.

1.5.C2.1.

Identifica aspectos de mellora nos protocolos de protección de datos persoais e a privacidade ao utilizar tecnoloxías dixitais nos centros educativos a partir dun coñecemento profundo e contextualizado da normativa sobre protección de datos e fai propostas para a súa actualización.

1.5.C2.2.

Investiga o impacto das tecnoloxías dixitais, aplicadas ao ámbito educativo, no benestar físico e psicolóxico, tanto do alumnado como do profesorado.

1.5.C2.3.

Deseña protocolos de seguridade e sustentabilidade ambiental para o uso das tecnoloxías dixitais na educación.

Asesoro no deseño dos protocolos de seguridade e sobre as medidas de protección do benestar físico e psicolóxico do alumnado e do medioambiente no ámbito educativo. Realizo investigacións sobre estes temas.