Amalia Cambeiro Álvarez e Isabel Lema Duarte - 10/03/23
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e tendo en conta o proxecto da biblioteca deste curso, "Unha nova vida", o alumnado de 4° de primaria recibíu a visita de dúas Mulleres Xalleiras de Esmorode. Amalia Cambeiro Álvarez e Isabel Lema Duarte explicáronnos como facer cestas e outros accesorios con xornais, cordas ... A rapazada participou moi activamente e gozou moito coa actividade.
Galería de imaxes
Vídeo resumo - 10/03/23
Leonor Varela Calvelo 17/03/23 - As abellas
Seguimos neste mes de marzo dándolle voz a Mulleres Xalleiras da nosa contorna. Grazas a Leonor Varela Calvelo por vir explicarlle ao alumnado de EI o marabilloso mundo das abellas.
Galería de imaxes
Vídeo resumo - 17/03/23
Amalia Cambeiro Álvarez e Isabel Lema Duarte - 17/03/23
Moitas grazas de novo a Amalia Cambeiro Álvarez e Isabel Lema Duarte por ternos visitado de novo. Nesta ocasión foi o alumnado de 3º de EP e de 1º de EP A o que puido gozar da aprendizaxe destas dúas Mulleres Xalleiras. Moitas grazas!
Amalia Cambeiro Álvarez e Isabel Lema Duarte - 17/03/23
Compostaxe con Inmaculada García Barcia e Sara López Campoamor
Hoxe o alumnado de 1º e 2º de EP tivo a oportunidade de aprender moito sobre a compostaxe grazas a Inmaculada García Barcia e Sara López Campoamor. Moitas grazas por achegarvos ao noso centro e compartir os vosos coñecementos.
Charla compostaxe alumnado de 1º EP 28/03/23
Charla compostaxe alumnado de 2º de EP 28/03/23
Patricia Rodríguez Canedo con alumnado de 6º de EP - 30/03/23
Hoxe visitou o noso centro Patricia Rodríguez Canedo. Falou co alumnado de 6º de EP dun modelo de negocio sostible entroncado coa terra e de maneira sostible.
Galería de imaxes 30/03/23
Contido multimedia
Reciclando Botellas - ArtesAna (Ana María Ferreiro Gerpe)
O alumnado de 5º de EP hoxe tivo a oportunidade de vivir unha experiencia de reciclaxe da man de "ArtesAna", unha iniciativa de Ana María Ferreiro Gerpe. Moitas grazas Ana por ternos acompañado.
Non vos perdades as súas creacións.