Este ano, debido ás causas meteorolóxicas do mes de marzo, celebramos o día da árbore no mes de abril. Realizamos unha actividade  conxunta entre o CEIP Soutelo de Montes, A Mancomunidade de Montes de Vilapouca e o Distrito Forestal XVI.

Dende hai xa varios anos desprazámonos  ao monte comunal de Vilapouca, para realizar unha repoboación. Cada ano plantamos novas especies arbóreas e observamos con gran satisfacción como van medrando as dos anos anteriores. 

É unha actividade onde se traballan a vexetación e fauna da nosa contorna, pero sobre todo, aspectos medioambientais moi importantes como o coidado da natureza en xeral (fauna, flora, terra, auga...) e a prevención de problemas medioambientais como son a contaminación dos ríos, os incendios...

Ademais é unha actividade que promove a actividade física en contacto coa natureza.

 

Descargar DÍA DA ÁRBORE.mp4 [692.36MB]
Details