Espazo para difusión de actividades e accións.

LOGO

Details

Quérote+ VR

Quérote+ 1

Qr Quérote+ 1

Details

Quérote+ 2

Qr quérote+ 2

Details

Quérote+ 3

Qr quérote+ 3

Details

3ºB e os Mitos do Amor Romántico

WhatsApp Image 2023-02-14 at 13.32.16.jpegEn 3º B, aproveitando que ao día seguinte era o Día dos Namorados, aproveitamos para traballar coa alumna en prácticas de orientación educativa, unha sesión sobre os Mitos do Amor Romántico, empregando o debate con preguntas abertas, e as estadísticas que ofrece o material de apoio do Proxecto Quérote+, conseguimos que a rapazada reflexionase sobre as imposicións da sociedade ao redor de como deben ser as relacións de parella.

3º ESO D_FICHA 1_Que é quérote?

ficha 1.jpg

Ficha de presentación do programa de información e asesoramento Quérote para a mocidade. Despois de visualizar o vídeo "Que é quérote" e visualizar a páxina principal de xuventude que dá acceso ao programa Quérote,  o alumnado de 3ºE.S.O. D realizou as súas consultas individuais de forma confidencial e anónima ao equipo Quérote a través da páxina de xuventude.net. As consultas xiraron en torno as seguintes temáticas: adiccións, convivencia, sexualidade, imaxe corporal e autoestima.

ficha12.jpg

3ºE.S.O. D_Plan Proxecta+: Quérote +_ Presentacións en 2ºE.S.O.

Alumnado de 3ºE.S.O. D presentou o Plan Proxecta+: Quérote + nos distintos grupos de 2ºE.S.O. 

Contaron aos seus compañeiros o elaborado neste programa ao longo do curso e remataron coa seguinte actividade para o alumnado: facer unha pregunta individual a través da web Quérote+ sobre un aspecto de interese persoal para cada alumno ou alumna.

O equipo Quérote da Consellería de Xuventude dará resposta en breve ao demandado polo alumnado.

foto7.jpg.1

                  Nerea e Sonia

foto3.jpg.2

                          Kiara e María                                           

foto4.jpg.2

                  

                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                     Nerea e Sonia

foto5.jpg.1

 

 

 

 

 

 

 

 

Alumado de 2ºE.S.O. enviando as súas preguntas a Quérote+

foto6.jpg.1

             

 

 

 

 

 

 

 

                                Kiara e María                                                  

foto8.jpg.1

                 

 

 

 

 

 

                               Nerea e Sonia

foto9.jpg.1

     

 

 

 

 

 

                                Nerea e Sonia                           

3º ESO D_Ficha 2_Educación Sexual

Nesta xornada o alumnado de 3ºE.S.O. D comprobou as respostas dende o equipo quérote as dúbidas plantexadas na xornada anterior sobre distintas temáticas. A continuación visualizáronse os vídeos: Educación sexual e El sexo. Para rematar a sesión, escribíronse na pizarra palabras relacionadas co sexo en 10 s. Con esas palabras definiuse sexo.

ficha222.jpg

ficha22.jpg

 

ficha2.jpg

 

3º ESO D_Ficha 3_A orientación do desexo e a identidade sexual

Nesta xornada 3ºE.S.O. D visualizou o vídeo proposto: Love has no labels (O amor non ten etiquetas) e logo elaboraroncarteis por grupos que promova valores de respecto cara a diversidade sexual.

ficha33.jpg

ficha3.jpg.1

3º ESO D_Ficha 4_O modelo de amor romántico

3ºE.S.O. D adicou a xornada a reflexionar sobre mitos e tópicos asociados ao amor romántico. A clase organizouse en grupos para investigar sobre as mensaxes que nos chegan do amor romántico en distintos formatos: cancións, películas, series, libros... Para rematar a sesión, cada grupo elaborou un cartel coas distintas mensaxes investigadas.

ficha44.jpg

ficha4.jpg

3º ESO D_Ficha 5_A relación dos sexos a través da tecnoloxía

Nesta sesión o alumnado debateu sobre as posibles reaccións se alguén non contesta ao whatsApp sabendo que está en liña, se a parella debe ou non ter o código de acceso ao móbil do compañeiro ou compañeira, se nos soltamos máis nas redes ou fisicamente, que facer coas fotos ao rematar unha relación, se alguén deixa de súpeto de contestar as nosas mensaxes sen xustificación... Logo deste debate escoitamos o podcast de pantallas amigas sobre netiqueta. 

ficha_5.jpg.1

3ºE.S.O. D_Ficha 6_Cultivando habilidades

ficha6c.jpg

Sesión na que o alumnado debateu sobre que farían ante varias situacións propostas: Unha foto de instragram, dúas propostas da parella e ofrecemento de porros.

Logo do debate visualizou o o vídeo "Explicamos o consentimento".

Resultou unha sesión entretida, dinámica e participativa.

Texto3ºE.S.O. D_Ficha 7_Aconcepción e concepción

foto_ficha6.jpg

Sesión adicada á prevención de embarazos non planificados e as infeccións de transmisión sexual (ITS) na que o alumnado despois de enunciar diferentes maneiras de ter relacións que non impliquen embarazo para diferenciar a aconcepción da concepción. 

O resto da sesión adicouse a búsqueda en internet de métodos anticonceptivos e ITS.

Texto3ºE.S.O. D_Ficha 8_Hoxe damos clase nós.

ficha8.jpgSesión adicada á elaboración dunha presentación resumo das sete sesións coa finalidade de expoñela na aula e en grupos de 2ºE.S.O.