Este portafolio créase coa intención de poder achegar recursos e información non só alumnado, tamén familia e profesorado, favorecendo a autonomía da comunidade educativa e o acceso á información a un só clic.

NOVAS!

Empezou o prazo para solicitar as becas NEAE (para alumnos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo). O prazo está aberto ata o 13 de setembro de 2024

Como recordatorio, poden solicitar esta beca:
1)Alumnos/as con discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves de comunicación e linguaxe (e alumnos/as con TDAH con algunha das condicións anteriores asociadas). 

2) Alumnos/as TEA non incluidos na categoría anterior.

3) Alumnos/as con NEAE asociada altas capacidades intelectuais.

As solicitudes deberán completarse no formulario online nas seguintes direccións:  www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio  https://sede.educacion.gob.es. Unha vez cuberta a solicitude deberase entregar asinado polos distintos membros da familia no centro no que o alumno/a vaia a realizar o curso 2024-2025.

Máis información: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html#dc1

PARA TODAS

Déixovos a presentación de OAP 2024 dunha compañeira orientadora. 

Dende o IES FRANCISCO ASOREY, recoñecemos o traballo de Irene, que fixo un recorrido xenial e actualizado polas distintas opcións dentro do itinerario educativo e profesional!

 

Non dubidedes en botarlle unha ollada; sen dúbida, paga a pena!

https://view.genial.ly/64f97582a54c420019268029/presentation-oap23-24

PARA TODAS

PRA PROFES

É o noso contido, clases e metodoloxía DUA?

Coñece máis de preto o marco avalado pola lexislación vixente (LOMLOE, O. 8/9/21, Decreto...) e emprega os recursos para ser máis DUA!

 

https://view.genial.ly/6579d7e9242f4c00140390bb/guide-guia-dua

DE UTILIDADE

Hoxe imos falar sobre os procesos de avaliación que empregamos co alumnado nas sesións de Orientación.

 

Por que é de utilidade esta información? 

- Para saber por que a profe nos pregunta esas cousas tan raras...

- Para aplicar na miña aula con outros contidos, pero como forma activa de avaliación e autocoñecemento.

-Para comprender, como familia, que métodos fan ao meu fillo/a pensar e autocoñecerse. Poderei empregalas na casa?

 

Hoxe imos falar sobre...AS RUTINAS DE PENSAMENTO:

Moitas veces, dende o Departamento de Orientación detectábamos que, ao traballar contidos tan abstractos, moitas veces as nosas sesións tiñan unha conclusión que non chegaba a unha aprendizaxe significativa por parte do noso alumnado. Por esta razón, e atendendo as distintas teorías sobre a aprendizaxe (com destacan por exemplo Rentzulli ou Ruiz), decidimos integrar peches máis activos que facilitasen a autoavaliación e conexións da información e os conceptos para a comprensión dos mesmos. 

Hoxe, falaremos das rutinas de pensamento. Son pequenas cuestións que permiten a autoreflexión e metacognición e que, despois, se deben plasmar en distintos produtos, cumprindo así unha dobre función: o favorecemento das conexións cognitivas e a expresión do coñecemento.

 

Estas rutinas de pensamento deben desenvolverse en función do DUA e servindo ao DUA, posibilitando que as conclusións se expresen, por exemplo, a través de varios produtos.

 

Algunhas das rutinas que máis empregamos son:

- Antes pensaba..agora penso (reflexionando sobre unha cuestión). Por exemplo, antes pensaba sobre as variables que inflúen na miña decisión...agora penso. Pódese expresar nun gráfico para o corcho.

-Penso...interésame...investigo. Por exemplo, sobre as carreiras universitarias da contorna. Para esta rutina, temos moitas posibilidades, como por exemplo, traballar en grupos de investigación por interese, e facilitar un produto que se poda "expoñer e compartir" coa comunidade: un pódcast, un pechakucha, un póster...

 

- Crea un slogan. Un slogan que resuma a clase. 

 

- 3...2...1. 3 preguntas, 2 ideas, unha metáfora para o contido de aula.

Rutinas De Pensamiento

(fonte: https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/rutinas-pensamiento/)

 

- O semáforo: pon en verde unha cousa que che gustou da sesión, en amarelo elementos que xeneren dúbidas, en vermello, cousas que non che gustaron da sesión.

 

 

Con este tipo de rutinas, conseguimos favorecer o peche metacognitivo dos contidos da sesión, pero tamén obtmos información moi útil para a avaliación da sesión.

 

 

Queres coñecer máis recursos de avaliación?

Buzón de suxerencias

O apartado de "Comentarios" que vedes a continuación, nesta páxina funcionará como un buzón de suxerencias. É dicir, nos comentarios podemos poñer:

- Ideas interesantes para o blog do departamento así como para o Rincón da calma.

- Suxerencias a temas a tratar, tanto dentro da web, como no DO do IES.

- Plans e proxectos que queramos compartir para mellorar o benestar emocional da comunidade.

 

 

Comentarios

PARA PROFES

Acaba de saír a nova actualización do Plan de Acoso e Ciberacoso da Xunta.  Podedes acceder ao mesmo neste link.

Unha das características principais a analizar dende os últimos anos en relación a esta cuestión do uso das redes e o anonimato como plataforma para executar este bullying de carácter máis social.

Unha boa maneira de combatir o ciberacoso é dende a perspectiva preventiva e multidisciplinar; por exemplo, cando introducimos a competencia dixital nas nosas materias... Deixámosvos unha rúbrica para pensar sobre a incidencia do uso saudable das tecnoloxías que facemos na aula!

Colorful Simple Work And Study Habits Rubric.png

PRE-AVALIACIÓN DO PROCESO VOCACIONAL

Unha imaxe

Details

ALGÚNS RECURSOS

Recursos para profes, alumnado e familias. 

 

Déixovos unha compilación de recursos que podedes empregar para os vosos traballos de clase, as vosas propostas pedagóxicas ou...para o que se vos ocorra!

 

VOCAROO- Para grabar un pódcast, un audiolibro, unha tarefa para persoas que acceden mellor a información auditiva...

KIALO EDU- Para debatir sobre todo...tomamos unha decisión académica ou profesional? 

KAHOOT- fai de todo un xogo!

QUESTGUEN- fai cuestionarios online coa IA!

 

Fixácheste en que todos os recursos son potentes ferramentas de avaliación? 

MAPA MENTAL SOBRE OS RECURSOS DIXITAIS NA AVALIACIÓN

SABEMOS AVALIAR A INFO QUE NOS CHEGA?

Anímovos a navegar neste Genially para reflexionar sobre a info que nos chega a través de internet. 

É toda a info fiable? E válida? É unha cuestión fundamental a analizar en todas as cuestións da nosa vida... 

https://view.genial.ly/646f834f8683b4001308374e/interactive-content-desmontado-a-desinformacion

PARA TODAS

COMO BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET

Un dos maiores problemas cos que se atopan os profes, é o de saber como a información é veraz. Este tema, resulta especialmente complicado cando buscamos fontes e ideas sobre o benestar emocional do noso alumnado, ou como mellorar a convivencia. 

Por esta razón, intentaremos dárvos unha serie de pequenos e sinxelos tips para saber se os materiais atopados son útiles. Imos ala!

1. É importante coñecer a autoría daquela info que imos empregar. É dicir, saber que as fontes que empregamos son fiables e están validadas.

2. Intenta contrastar a información. As evidencias científicas que atopamos sobre o benestar emocional,  veñen corroboradas por varios autores e autoras. Quizais unha idea dunha dinámica está ben, pero se pode enriquecer con outras evidencias, non si?

3. Actualiza e mellora! A túa experiencia tamén conta. Se atopas información de validez, seguro que podes mellorar as túas prácticas engadindolle elementos da túa propia colleita. Recorda, coñeces a idiosincrasia da túa aula ti mellor que ninguén.

 

Déixote aquí unha infografía dun profe de mates (Javier Anta) moi útil!

https://agueiro.edu.xunta.gal/artefact/artefact.php?artefact=568713&view=102276

DE UTILIDADE

Guía de Protección de datos na que se expoñen os casos máis usuais nos que temos que fixarnos dende o centro educativo.

GUÍA PROTECCIÓN DE DATOS

Details

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Máis información sobre
- Acción Titorial

-Atención á diversidade

-Orientación vocacional

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=QCGvMO6uT1FIVtid7jyo

Details