O venres 5 de maio, o alumnado de 1º e 3º de Primaria desfrutou dun paseo no tren turístico pola nosa cidade: Santiago de Compostela. Durante o percorrido puideron escoitar as explicacións que lles ían relatando e describindo os lugares polos que ían pasando. Ao rematar a ruta, deron un paseo pola Alameda e achegáronse ao Parque Infantil para merendar, descansar e xogar.