Nesta páxina explicaremos  a actividade realizada para o Entroido 2024 no CEIP Soutelo de Montes.

soutelo saudable.JPG.1

ENTROIDO 2024

resultado final deste día agocha detrás moitas horas de traballo onde, dun xeito totalmente construtivo, se traballaron aspectos moi variados: dende medidas, aos sectores de produción, a alimentación, as tradicións e costumes,  a saúde emocional, a creatividade, o traballo en equipo, tecnoloxía(deseño e confección de chapas), entre outros moitos.

 

Este curso a temática do Entroido foi a saúde. A saúde entendida como, saúde física e mental. Por iso, o alumnado disfrazouse de diferentes aspectos relacionados con hábitos de alimentación saudable (froitas, profesionais da alimentación) e deportes variados para así incidir na importancia da alimentación e  do exercicio físico na saúde. Ao mesmo tempo o alumnado traballou as tradicións típicas da nosa comunidade autónoma que tanto inflúen na nosa alimentación como son os peixeiros-as, polbeiros-as, panadeiros-as e cociñeiros-as  que coa súa profesionalidade e a calidade das materias primas galegas tanto benefician á nosa saúde.

O profesorado decantouse por  disfraces dos profesionais que coidan e axudan a ter unha mellor saúde (médicos, cirurxiáns, enfermeiros, psicólogos...) facendo así especial fincapé tanto na importancia de vixiar a nosa saúde física como a emocional.

 

Como remate final, fixemos un desfile polas rúas de Soutelo, e desfrutamos dunha xornada de convivencia coas familias, veciños e veciñas do pobo, que sempre nos acollen con moito agarimo. Degustamos un chocolate quente e produtos típicos do Entroido grazas a xenerosidade da ANPA, á cal lle queremos expresar o noso agradecemento unha vez máis pola colaboración que sempre manifestan.

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO COAS IMAXES DO ENTROIDO 2024

 

 

Descargar ENTROIDO 2024.mp4 [616.25MB]
Details