PÁXINAS DE INTERESE E TRABALLO

ELECTRICIDADE

Antes de falar de electricidade debemos saber que todos os materiais están formados por átomos.  E súa vez os átomos están formados por tres tipos de partículas:

  • Electróns
  • Protóns
  • Neutróns

Mentres os protóns e neutróns se encontran no núcleo do átomo, os electróns móvense  ao redor do mesmo.

Pois ben, son estes últimos, os electróns os responsables da corrente eléctrica.

A corrente eléctrica é o movemento  de electróns dun lado a outro dentro de un condutor.

 170px-Rutherford_atom.svg.png

CIRCUÍTO ELÉCTRICO

Un circuíto eléctrico ten que estar composto por:

  • Pila
  • Condutor
  • Receptor: lámpada, motor
  • Elemento de control: interuptor, pulsador,...

circuito-300x122.png

LEI DE OHM

A Lei de OHM vai relacionar as tres magnitudes básica eléctricas: voltaxe, intensidade e resistencia

LEI HOM.png       OHM.png

TIPOS DE CIRCUÍTOS

Segundo teñamos conexionados os dispositivos, e faremos sobre todo cálculos con resistencias teremos:

CIRCUÍTOS EN SERIE

Cando se colocan os dispositivos un a continuación de outro.

serie.png     SERIE2.pngserie4.png

serie1.png

 No caso dos condensadores a capacidade equivalente diminúe cando estos están en serie

condensadores serie.pngFORMULA COND SERIE.png

 

CIRCUÍTOS EN PARALELO

Neste caso colócanse os dispositivos para que teñan a mesma entrada e a mesma saída

paralelog.png  paralelo1.png

No caso das pilas, colocaranse en paralelo pilas co mesmo potencial

parag.png

No caso das resistencias

 

prar.png

No caso dos condensadores en paralelo a súa capacidade aumenta

condensadores paralelo.pngFORMULA CONS.png

CIRCUÍTO MIXTO

Este caso é unha mestura dos casos anteriores, van aparecer circuítos con dispositivos en serie e en paralelo.

mixto.png

ILLANTES E CONDUTORES

Existen diferentes tipos materiais e non todos eles van conducir a electricidade do mesmo xeito.

CONDUTORES

Son aqueles materiais que conteñen electróns que poden moverse con moita facilidade por todo o material.

Estes materiais son os empregados para facer circuítos eléctricos.

Os máis carcterísticos son os metais, pero tamén pode ser conductor a auga, o noso corpo,....

condutores.jpegconductores1.jpeg

 

ILLANTES

Van ser aqueles materiais que polas súas características non permiten o movemento de electróns, xa que o núcleo do átomo atraeos con moita forza.

Algúns dos materiais illantes son a cerámica, madeira, plástico, papel....

 

aislante1.jpegaislante.jpeg

SEMICONDUTORES

Hai outro tipo de materiais, que dependendo da temperatura ou se están mesturados con outro material (dopado), poden conducir a corrente eléctrica.

Son materiais como silicio ou germanio, que poden estar mesturados ocon fosforo ou boro para facelos condutores.

Este tipo de materiais con moi empregados en circuítos electrónicos.

smicondutores.jpeg

MAGNITUDES BÁSICAS ELÉCTRICAS

VOLTAXE

A tensión ou voltaxe (V), é a enerxía por unidade de carga que proporciona unha pila ou fonte de alimentación.
Mídese en Voltios (V) con un voltímetro colocado en paralelo.

Cando falamos de diferencia de potencial falamos da diferenza de enerxía entre dous puntos do circuíto.

pilas.jpeg               voltímetro.png

RESISTENCIA

É a oposición o paso da corrente eléctrica, está directamente relacionado coas propiedades do material, lonxitude e sección do mesmos

Mídese en ohmios Ω, para resistencias grandes usase como unidade de medida os

resistencias.jpeg

Para identificar os valores da reesistencias poderemolo facer a través dun código de cores que teñen inscritas as resistencias

codigo cores.png

INTENSIDADE

Chámase intensidade de corrente eléctrica a cantidade de carga que pasa pola sección de un condutor nun determinado tempo.

Mídese en Amperios e para medir empregase o Amperímetro sempre colocado en serie

Cando as intensidades son moi pequenas usamos os miliamperios mA

INTENSIDADE.png          amperimetro.png

ENERXÍA

A enerxía eléctrica pódese definir como o traballo necesario para desprazar unha carga eléctrica entre dous puntos sometidos a unha diferencia de potencial.
Mídese de Xulios (J) ou kilovatios-hora (kWh) (1 kWh = 3,6·106J)

ENERXIA.png

POTENCIA

A potencia vai ser a cantidade de enerxia consumida por unidade de tempo.

Mídese en watios w ou kilowatios kw

PETENCIA.png