Details

Unha imaxe

Fisioterapeutas do Sergas na área sanitaria de Pontevedra poñen en marcha un programa en colexios para previr a dor de costas en nenos e nenas.

Guillermo Bilbao Ogando, profesional da unidade de fisioterapia de atención primaria (UFAP) do centro de saúde de Tenorio e coordinador de iniciativa, explica que o programa está dirixido a escolares que cursan o último ciclo de educación primaria.

Details
Details

Estes profesionais subliñan que a dor de costas é a primeira causa de consulta médica no mundo e que desde hai anos está a incrementarse en nenos e adolescentes. Por iso, o obxectivo do programa é tentar previr a aparición da dor de costas e, especialmente a discapacidade asociada en adolescentes.

O fisioterapeuta Guillermo Bilbao, visitou ou noso centro educativo e realizou dúas sesións, separadas por dúas semanas. Nestas sesións explicóuselles aos nenos e aos seus docentes a importancia dá práctica regular de exercicio, da boa alimentación e do sono e do descanso nocturno como factores protectores. Leváronse a cabo diversas actividades, entre elas, un kahoot e varios xogos relacionados coas pautas activas. 

Descargar CHARLA FISIO 'DOS COSTAS'.mp4 [431.8MB]
Details