Fixemos unha representación dos alimentos máis importantes da pirámide e tendo en conta que se montou sobre cartón pluma de 100x70cm fixemos os alimentos en 3D coa técnica que cada aula elixiu para logo pegar con velcro.
Cada peza en 3D leva asociada un libriño plastificado. Nese libro aparece a seguinte información de cada produto:
Nome en castelán, galego, inglés, árabe, rumano, catalán...
Nutrientes que nos aporta e que beneficios nos proporciona así como a periodicidade coa que o podemos comer.
Distribución xeográfica dos países onde se cultiva ou produce.
Obra literaria composta polo alumnado: anécdota, adiviña, pareado, regueifa, canción, conto, obra de teatro, xogos..
e Curiosidades.
A información respecta os principios DUA: partes escritas, imaxes, vídeos, enlaces, audios, códigos QR, linguaxe de signos, pictos...
Este traballo foi repartido entre as 5 aulas do centro, e tentamos traballar os alimentos máis significativos neste 1º trimestre.
Na pirámide física para poder acceder á información hai que escanear os códigos QR que están dentro de cada libriño.