O departamento de FOL do IES Urbano Lugrís está formado actualmente por 4 persoas.

Pasea por esta páxina para ver que información podes atopar. As programacións publícanse na parte inferior.

Atribución docente do departamento de FOL

O profesorado da especialidade de Formación e Orientación Laboral (FOL) ten competencia directa para impartir os módulos profesionais de Formación e Orientación Laboral (FOL) e Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE), que son comúns a case todos os ciclos formativos vixentes.

  1. O Módulo de formación e orientación laboral.
  • O módulo de formación e orientación laboral (FOL), inclúe formación relacionada coa seguridade e a saúde laboral, a avaliación e a prevención de riscos profesionais, a lexislación laboral básica, os dereitos e os deberes que derivan das relacións laborais, a organización do traballo e as relacións na empresa, así como a lexislación relativa á igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade, e contribuirá de xeito específico a favorecer procesos de inserción laboral para o exercicio da profesión.
  • A superación do módulo de FOL acreditará a formación necesaria equivalente ao nivel básico de prevención de riscos laborais establecida no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

 

  1. O Módulo de empresa e iniciativa emprendedora.
  • O módulo de empresa e iniciativa emprendedora inclúe formación no coñecemento do respectivo sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Estará dirixido a fomentar a iniciativa emprendedora, a innovación e a creatividade na empresa. Incluirá, ademais, formación sobre a creación e a selección da forma xurídica e da xestión administrativa e financeira de empresas, o autoemprego, e a asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta propia, para facilitar o acceso ao emprego e a reinserción laboral. 

Calendario de probas

Probas LIBRES: Información adicional - módulos de FOL e EIE

MÓDULO DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL (FOL)

O libro de texto recomendado para preparar a proba é

FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL. FUNDAMENTOS. 4ª edición. José Carlos González Acedo, Rosario Pérez Aroca. Editorial PARANINFO. ISBN 978-84-283-6269-6

MÓDULO DE EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA (EIE)

A  proba práctica está orientada principalmente á elaboración dun plan de empresa. Debido á limitación temporal da proba, e á laboriosidade desta tarefa, a súa cualificación realizarase medidante o deseño do lienzo de modelo de negocio, para deseñar nos seus aspectos esenciais os diferentes elementos básicos: proposta de valor, segmento de mercado, canles, relación con clientes, asociacións clave, actividades clave, recursos clave, fontes de ingresos e estrutura de custos. A idea de negocio será facilitada no momento da proba teórica, para que o/a aspirante a poida preparar. 

O libro de texto recomendado para preparar a proba é

EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA. Eva Asensio del Arco y Beatriz Vázquez Blömer. 5ª Edición 2023. Paraninfo Editorial. ISBN: 978-84-283-5916-0

NOTA

Para as programacións en proceso de revisión, amósase a programación do curso pasado, que serverá de orientación para as persoas interesadas

24-25 Programacións módulo de FOL en ciclos modalidade Distancia

NOTA ÁS PROGRAMACIÓNS DE PROBAS LIBRES

As programacións de probas libres actualízanse no primeiro trimestre natural do ano.

En tanto as programacións non estean actualizadas, amosaranse as do curso pasado, que serverán de orientación para as persoas interesadas.