Bitácora do alumnado de Educación Infantil do CEIP de Barouta.

UN POUCO DE TODO

Prezadas familias, 

Un ano máis despedimos o curso compartindo imaxes que foron quedando gardadas no carrete. 

Como di o título desta publicación hai "UN POUCO DE TODO":

-imaxes do mini proxecto sobre caracois

-imaxes de xogos no patio

-de escola no bosque

-de bailes improvisados

-de xogos no laboratorio

-do proxecto de danza

-de lecturas con amig@s

-do visionado da lúa

-do espazo

-e da romaría!

UN POUCO DE TODO PICANDO AQUÍ

Todo o equipo de infantil desexámosvos que pasedes un bo verán, que descansedes moito, que desfrutedes e que collades moita enerxía para o vindeiro curso!

Unha aperta!

IMG_4241.jpg

DESPEDIDA 6ºEI

Familias, 

Hoxe despedimos ás crianzas de 6ºEI que o vindeiro curso estarán xa en 1º EP.

Foi un verdadeiro pracer e unha gran alegría compartir estes tres anos de aprendizaxe coas crianzas e con vós.

Estamos moi orgullosas de todas e todos!

Deixámosvos as imaxes da entrega de diplomas e orlas.

https://photos.app.goo.gl/AgpUW7BgybgqvzRi6

logo.jpg

 

Tendes os anteriores contidos da bitácora AQUÍ

PDI BAROUTA AO PÉ DA NOTICIA

Familias, 

Compartimos con vós o vídeo da exposición para aquelas persoas que non puidestes vir á escola o día 12.

Non perdades detalle de todo o que aprendemos!

Nos seguintes enlaces tamén deixamos imaxes de como preparamos todos os produtos expostos e imaxes da propia exposición.

Barouta ao pé da noticia. Como o fixemos.

Exposición "Barouta ao pé da noticia"

Descargar PDI Agueiro.mp4 [591.61MB]
Details

VISITA Á ILLA DE CORTEGADA

O luns 10 de xuño visitamos a Illa de Cortegada. 

Sobre as 10h10 chegamos ao porto de Carril e desde alí fomos en dúas embarcacións (facendo varias viaxes) ata a illa de Cortegada. 

Unha vez desembarcamos, merendamos e despois iniciamos o roteiro duns 3 km aproximadamente percorrendo toda a illa e descubrindo curiosidades como o seu bosque de loureiros, os restos da aldea abandonada ou por que o Illote do Con é de cor branca.

Despois da camiñada xantamos e puidemos bañarnos antes de volver embarcar para tornar a Barouta.

Que ben nos prestou esta saída!

Podedes comprobalo nas imaxes!

https://photos.app.goo.gl/XsgjB9YjwuwmU2uS6

IMG_4196.jpg

Semana do 27 ao 31 de maio

Familias, 

Comezamos esta semana asistindo á representación do conto "A reconquista" da escritora Antía Yáñez que as compañeiras e compañeiros de 2º EP fixeron para nós.

A reconquista de Antía Yáñez.jpeg

O xoves, a autora visitounos na escola. Neste diálogo saíron preguntas tan interesantes como: 

-en que te inspiras para escribir?

-canto tempo tardas en escribir un libro?

-gustábache ler cando eras pequena?

-cal é o teu libro preferido?

-...

Imaxes da xuntanzas no seguinte enlace  https://photos.app.goo.gl/A1L5gKYqdKaEygN36

GRAZAS ANTÍA POLA VISITA!

 

O venres aproveitamos o bo tempo desta semana para facer un novo roteiro. Saímos da escola polo camiño do monte, chegamos ata o San Amaro e á volta había sorpresa na escola: en varias árbores do patio estaban colgadas cordas para rubir por elas! Por suposto xa lle demos uso!

Imaxes do roteiro picando AQUÍ

 

CARBALLEIRA DOS TRASNOS

Hoxe descubrimos a "Carballeira dos trasnos" e nela atopamos, agochados, diferentes animais da fauna galega.

carballeira_placa.jpg

Queredes descubrilos con nós?

Podedes atopalos picando AQUÍ

ORQUESTRA CÉ PANTASMA

Onte na escola asistimos ao concerto de Orquestra Cé Pantasma.

 

Descargar Ce Orquestra Pantasma 2024.mp4.1 [115.3MB]
Details

PLANETA TERRA

Rematamos o proxecto "Planeta Terra".

Botádelle un ollo ás últimas propostas!

GALEOKE-MODO GALEGO, ACTÍVAO!

A semana pasada comezamos de novo a campaña Modo Galego, Actívao! 

Para darlle ritmo e movemento, a proposta inicial foi o Galeoke con cancións na nosa lingua para activar o modo galego á vez que nos divertimos!

IMG_3476-vert.jpg

No enlace tedes imaxes do noso paso polo Galeokeª!

https://photos.app.goo.gl/HkgadZN5vu2pWjGQ8

LETRAS GALEGAS 2024

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas adicado a Luísa Villalta.

L_G_24.jpg

 

Na escola conmemoramos esta data cunha Xornada de Xogos Tradicionais.

CONTACONTOS

Esta semana Erea contounos o conto "Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés".

Graciñas!

PROXECTO TERRA

HORTA

Esta semana tamén tivemos tempo de achegarnos ao noso bancal da horta para plantar tomates Cherry.

Fixemos o burato, metemos o tomate e botamos substrato! 

A ver se temos sorte e recollemos unha boa colleita!

CONTACONTOS CON BLANCA E VERA

Hoxe tivemos contacontos na escola con Blanca e Vera que viñeron contarnos o conto "Quen vén esta noite?".

OBRADOIRO DE PINTURA CON HAYA BLANCO

Onte visitounos na escola a artista compostelá Haya Blanco para participar con nós nun obradoiro de pintura de textís.

PLANETA TERRA: ASTEROIDES E PLANETAS

Continuamos co proxecto "Planeta Terra".

Despois de visitar o sol achegámonos aos planetas e asteroides!