O Foro da Comunidade é un espazo para a deliberación, para a conversa sen présa sobre aqueles temas que nos parece interesantes.

Podes participar se ti es un pai, nai, titor legal, alumno ou alumna, profesor ou profesora... ou ben se representas algún sector da sociedade que nos arrodea.

 

Foro da comunidade do IES POETA DÍAZ CASTRO

Details

Como participar?

Se tes interese de participar, segue as novas e as RRSS do centro. As xuntanzas son cada mes e medio. Só tes que cubrir o formulario seguinte e deixar o teu interese e dispoñibilidade.

Contactaremos contigo para comunicarche data e  hora definitivas.

Grazas por colaborar connosco e axudarnos a medrar!

Formulario de participación

PLAN DE XUNTANZAS

Secuencia do proceso de traballo do Foro da Comunidade.

Primeira xuntanza do curso 23/24. Á reunión asistiron 28 persoas, das que 16 eran representantes das familias, 8 do profesorado, 1 do alumnado e 3 eran convidados. Entre os temas tratados, falamos da organización, decidindo que, en principio, as reunións se celebrarán dúas tardes por trimestre. A próxima queda axendada para o día 20/12, ás 16.00 horas. Tamén falamos da preocupación estendida do uso inadecuado dos dispositivos móbiles, en especial, do uso das redes sociais. Tratamos de aproximar posturas e debatir sobre as opcións que podemos incorporar no futuro, tanto en casa como no centro. Ao final da xuntanza vimos as posibles propostas de mellora, determinando que temos que establecer dinámicas que favorezan a participación do alumnado e, tamén, levar unha orde do día que nos permita concretar os puntos tratados durante a xuntanza, de xeito que vexamos obxectivos tanxibles a curto prazo. Desde o centro queremos agradecer a boa acollida desta iniciativa!

A xuntanza do día 20 de decembro reuniu a un total de ... representantes das familias, ... do alumnado e 3 profesoras, dado que o evento coincidiu coa celebración, en paralelo, dunha sesión de formación do profesorado. Os temas que se trataron foron ...

2 tarefas
Details