Durante o segundo trimestre o alumnado do centro estivo traballando a ENTREVISTA, e que mellor maneira que entrevistar a diferentes persoas.

Aquí vos deixamos diferentes xeitos de entrevistar tanto aos compañeiros como a algunhas das familias.

Safaa e Inés de 5º de Primaria foron entrevistadas polo seu compañeiro Manuel para explicarnos que no país de procedencia dos seus pais teñen comidas diferentes e tamén algunhas comidas que a súa relixión non lle permite comer. Escoitade a súa entrevista para coñecer con máis detalles toda esta información.

Contido multimedia

Descargar ENTREVISTA A SAFAA E INÉS.mp4 [292.05MB]
Details

Debido a que Sebas e a súa familia teñen unha relixión diferente á nosa, sentimos curiosidade por coñecer un pouco máis a fondo os seus costumes e tradicións así que Erik entrevistou ao seu compañeiro Sebas de 4º de Primaria.

Descargar ENTREVISTA SEBAS.mp4 [320.47MB]
Details

Debido a que existen alumnos no noso centro que practican relixións diferentes (adventistas e islámicos), e estas dúas en concreto, con prohibición de comer  certos alimentos; decidimos convidar ás familias  ao noso centro para que o resto do alumnado comprenda a verdadeira causa de que os seus compañeiros non proben eses alimentos. Ademais terán a ocasión de coñecer aspectos e tradicións diferentes ás nosas que, neste caso, se basean na súa relixión, como pode ser "O RAMADÁN"

O noso alumnado, a través dunha entrevista colectiva, informouse sobre aqueles aspectos que máis curiosidade lle causaban.

Aquí vos deixamos un vídeo coa gravación desa entrevista

Descargar RELIXIÓNS.mp4 [611.33MB]
Details