FILOSOFÍA 4º DE ESO

A materia de Filosofía de cuarto curso de ESO ten como finalidade contribuír ao desenrolo das capacidades de comprensión crítica, argumentación e síntese servíndolle a cada alumno e alumna a desenvolverse como persoa e como cidadán, entendendo a radicalidade do saber filosófico como ferramenta de transformación e cambio.

A materia estrutúrase en seis bloques: «A filosofía», «A persoa», «Socialización», «Pensamento», «Realidade e metafísica» e «Liberdade e creatividade». Estes bloques representan globalmente un equilibrio, xa que tres deles responden a unha dimensión marcadamente teórica (filosofía, pensamento, realidade e metafísica), mentres os outros tres acentúan máis a vertente práctica da reflexión filosófica (identidade persoal, socialización e transformación). Co desenvolvemento destes bloques o alumnado debe ser quen de adquirir unhas destrezas teórico-prácticas basais para o avance e a mellora no eido persoal e na interacción social, adquirindo, ao tempo, unha visión filosófica e cultural en xeral, todo iso a través da internalización, a asimilación e a consecución das competencias clave.