LOGO PROXECTO
O PROXECTO
O proxecto impulsado pola Consellería de Educación, POLOS CREATIVOS, chega ao CEIP Plurilingüe de Andrade para formar ao noso alumnado nas novas tecnoloxías. Unha aposta polo traballo audiovisual (Croma, aplicacións), radio, televisión, impresión en 3D, cortadora láser, plotter de corte, etc. farán dos nosos nenos e nenas de agora o futuro dunha sociedade máis formada.
A través destas publicacións faremos visible o noso traballo no cole. Botádelle unha ollada para seguirnos as andadas!
ENLACE Á AULA VIRTUAL
Este é o enlace a través do cal podedes acceder ao material dado pola Consellería:
MATERIAL PARA O 11-F
Enlace ao material descargable para o Día da Muller e da Nena na CIencia - 11F:
https://formacion-cultura.xunta.gal/course/view.php?id=19§ion=5
COMO PROGRAMAR PLACA DE MICROBIT?
-
Descargar MICROBIT.pdf
MICROBIT.pdf Detalles
- Saturday, 09 March 2024 [12.5MB]
10 PASOS PARA USAR CHROMA
-
Descargar PASOS CHROMA.pdf
PASOS CHROMA.pdf Detalles
- Saturday, 09 March 2024 [511.8KB]
10 PASOS PARA FACER STOP MOTION
-
Descargar PASOS STOP MOTION.pdf
PASOS STOP MOTION.pdf Detalles
- Saturday, 09 March 2024 [517.7KB]
MANUAL PARA O PLOTTER DE CORTE
-
Descargar MANUAL PLOTTER DE CORTE.pdf
MANUAL PLOTTER DE CORTE.pdf Detalles
- Saturday, 09 March 2024 [10.6MB]
QUE É POLOS CREATIVOS?
O pasado lunes 22 de Xaneiro, a coordinadora de Polos do noso cole recolleu no CFR de Ferrol os Kits singulares que aportan materiais manipulativos ao alumnado para comezar a súa andadura nos Polos. Retos sinxelos pero ao mesmo tempo que requiren de destrezas manipulativas e razoamentos complexos son unha aposta pola educación do futuro: automatismos, construción de pontes e estructuras así como figuras en 3D.
O día 11 de Febreiro celebrouse o día da Muller e da Nena na Ciencia. Non quixemos rematar o mes sen recordar o papel de mulleres importantes na historia da Ciencia. Por aquí vos deixamos unhas imaxes do material elaborado polo alumnado e un vídeo recompilatorio do mesmo. O material de apoio foi dado dende o CFR de Ferrol dentro do programa Polos Creativos.
Vídeo recompilación do material creado polo 11-F
O venres 1 e o venres 8 de Marzo tivo lugar no CFR de Ferrol unhas xornadas - talleres de formación para novas persoas coordinadoras do programa Polos Creativos. Nelas puidemos achegarnos máis ao uso e programación da placa de MICROBIT; o uso do CHROMA para vídeos e como facer STOP MOTION e uso da cortadora láser e o plotter de corte.
Agora toca poñer en marcha a maquinaria para aplicar o aprendido nestas sesións!
Vídeo recompilación xornadas de formación
Dende o cole apoiamos as novas tecnoloxías e a iniciación do noso alumnado na programación e robótica. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da nosa andadura nesta aventura!
Seguimos traballando coa robótica e a programación nesta ocasión na Educación Infantil para traballar a comprensión lectora cun conto. Por aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa aprendizaxe.
Onte luns día 22 de abril tivemos formación en impresión 3D no noso cole! Aprendimos a usar o programa Tinkercad para deseñar os produtos e a usala impresora. Pronto as nosas producións sairán á luz! Estade atent@s!
O pasado luns día 6 de maio tivemos formación no centro para aprender a manexar a cortadora láser. A través dela podemos realizar infinidade de materiais e recursos para o noso alumnado. Agora toca esperar a que chegue e poñernos mans á obra!
Onte día 9 de Maio tivemos unha xornada de reflexión final no CFR de Ferrol onde puidemos amosar os nosos traballos ao resto do profesorado ademais de compartir inquedanzas e novas propostas.