Hoxe celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro, unha destacada escritora e poeta galega. Nacida en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837, a súa contribución á literatura galega é inestimable.
É coñecida pola súa poesía emotiva e comprometida, que reflexa a realidade e a identidade do pobo galego.
A súa obra máis coñecida, "Cantares Gallegos", publicada en 1863, foi unha peza fundamental na revitalización da lingua galega. Ademais, destacou pola súa prosa, como na novela "A filla do mar" e polos seus escritos en prosa poética.
Hoxe, como o día que naceu, un 23 de febreiro lembramos e celebramos o legado de Rosalía de Castro, unha muller que soubo plasmar a beleza e as inquedanzas do noso pobo a través das súas palabras.
Desde as aulas realizamos o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" con palabras modificadas en relación á horta e con un debuxo conxunto sobre as hortas. Nas mesmas aulas tamén se traballaron actividades e proxectos entorno a esta grande autora.
Por outro lado, montamos unha horta no hall na que vos convidamos a participar ás familias nesta iniciativa, enviándonos fotos das vosas hortas, e quedou fermosa e moi bonita.
Darvos as grazas pola vosa colaboración, e esperamos que disfrutedes coas fotos!
Deixámosvos tamén a dirección rosalia.gal para saber máis cousas sobre a escritora.
Un saudiño a todos e todas,
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Updated on 23 February 2024, 11:18 AM; 60 visitas á páxina desde 23 February 2024 ata 23 October 2024