Tambor - Antía Barreiro Riveiro

No terceiro trimestre deste curso na materia de música, teremos que recrear instrumentos nas nosas casas. Eu  farei un tambor e vouno chamar: Repenique.

INSTRUMENTO REAL

Details

INSTRUMENTO CASERO

Details

DESCRIPCIÓN

O tambor é un instrumento de percusión de son indeterminado e pertencente á familia dos membranófonos.  É unha caixa de resonancia normalmente de madeira ou metal, que soe ser de forma cilíndrica, oco e cuberto por unha membrana chamada parche, que cobre a apertura da caixa.

Segundo diversos estudios de investigación, o tambor, ten orixe Africano e remóntase á prehistoria e chegou a Europa polas migracións dos africanos e dos mouros a Europa.

Nalgunhas culturas os tambores teñen unha función simbólica e utilízanse en cerimonias relixiosas.

Xeralmente tócanse con dúas baquetas e nalgúns casos, con escobillas, para que teña un son máis suave e silencioso.

FABRICACIÓN

Aproveitando un tubo de PVC, corteille dous aros en cada lado do tubo. Logo, coa axuda dun decapador (máquina para dar calor), peguei as tapas de encadernar en cada lado do tubo facendo de parches. Agora tapo os parches cos aros cortados anteriormente, fixándoos coas alcaiatas, que me servirá logo para poñerlle o cordel, que simulará os tensores de afinación dos parches. Para rematar o tambor, coloqueille un cinto vello para poder colgalo na cintura.

Para as baquetas, empreguei uns paus que tiña doutras tarefas, lixándoos para facerlle a punta.