Día da Internet segura 2024

O 6 de febreiro celébrase o Día da Internet segura. Con este motivo poñemos á vosa disposición un material preparado polo INCIBE para aprender a usar un antivirus e identificar arquivos ou enlaces maliciosos. Incluímos tamén un par de enlaces a antivirus en liña que vos poden ser útiles.

Antivirus en liña

Outros analizadores de URLs e arquivos

 

Para probar o antivirus en liña accede a este enlace.

Actividade antivirus

Phishing

Saberías identificar un correo fraudulento?

pirana.gif

Día Internacional da Seguridade da Información

Cada 30 de novembro celébrase o Día Internacional da Seguridade da Información. É unha data para pensar no uso que facemos dos nosos datos e tamén en como os protexemos. Ao fin e ao cabo, soamente nós deberiamos decidir sobre a nosa información persoal e o uso que facemos dela, non?.

Neste espazo atoparedes información, xogos e outros recursos relacionados coa seguridade dixital. Queremos animarvos a que non deixedes de visitarnos. Agardamos que vos entreteña, pero sobre todo, agardamos que cando vos atopedes con perigos ou ameazas na rede saibades identificalos e combatilos.

Namorando na rede... Que non te enreden!

Fake Profile - Real Love Story

Space Shelter

Cyberscouts

Xogos de mesa

Aquí tedes unha colección de xogos de mesa creados polo INCIBE, con clásicos coma o Trivial en versión ciberseguridade. Están en formato de pdf recortables para montar o taboleiro, as cartas, as fichas... Moi recomendable agora que temos Polo Creativo!

 

c16-landing_trivial-ciberseguridad.png rp_juego_quienesquien_imagenportada_pequena.png
   
c15_img-landing_datos_blindados.jpg land_rp_criptopolis_0.0.jpg

Cibercarracho

Details