Xa estamos a finais do 2º trimestre, estamos cansos e un pouquiño nervosos, así que o venres 15 de marzo desfrutamos dunha merecida xornada que nos serviu para: aprender xeografía, unha morea de cousas sobre animais, entoación, coreografía...
Pero ademais de todo isto, grazas á visita de Susa Herrera, conseguimos relaxarnos e desfrutar dun gran momento para pechar este trimestre.
Agora xa temos un dos seus libros onde podemos seguir desfrutando das súas cancións, tanto da letra, como das melodías e coreografías (ten CD)
Mirade o vídeo, as nosas cariñas dino todo!!
Updated on 04 April 2024, 11:37 PM; 48 visitas á páxina desde 19 March 2024 ata 26 July 2024