Bloque do EDLG do CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso)

LOGO_EDLG.jpg

Día da árbore e da poesía 2024

IMG_20240321_101945.jpg

O pasado xoves 21, o alumnado de 3º e 4º de primaria visitaron a Fundación Eduardo Pondal para celebrar o día da poesía e o día da árbore.

Foi unha actividade realizada entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Eduardo Pondal e a Fundación, colaborando tamén o CEFORE.

Comezamos a xornada cunha charla do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo na que aprendemos sobre as árbores e as especies autóctonas de Galicia asi como a súa historia.

Despois, cantamos e escoitamos a gran voz de Irma Macías e Anxo Moure entretivo ao alumnado como o "home árbore" e estiveron falando e interactuando sobre o coidado da natureza a través dos contos e cantigas.

Posteriormente o alumnado realizou o recitado de poemas que tiñan preparados para a ocasión, con poemas galegos sobre as árbores (no lateral podemos escoitalos, asi como a entrevista realizada a titora de 4º sobre a actividade en Radiovoz).

Merendamos a cargo da Fundación e acompañados de moi bo tempo xogamos e collemos forzas xa que tocaba axudar a plantar as maceiras que tiñan preparadas o grupo de plantación da Fundación e poñer os carteis que prepararamos desde os Polos Creativos do CEIP Eduardo Pondal cos nomes das árbores e os códigos QR cos poemas do alumnado.

Para finalizar cada alumno/a levou un bidueiro ou un carballo para poder plantar nas súas casas e velos crecer, xunto con un minilibro sobre os bidueiros e a súa historia relacionada con San Fins do Castro (que podemos ver debaixo destas liñas).

Pasámolo moi ben e pensamos repetir en anos vindeiros!

Podedes ver toda a xornada na galería de imaxes da dereita así como algunha das plantacións nas casas.

A historia dos bidueiros e San Fins do Castro

SanFins.jpg

Co motivo do Día da Árbore desde o EDLG a especialista de relixión católica, Pilar Torrado, realizou unha averiguación sobre os bidueiros e a súa relación con San Fins do Castro. Deixamos aquí a información sobre todo isto:

O BIDUEIRO
  • ETIMOLOXÍA
    O termo galego “bidueiro”(en portugués “vidoeiro” ou “bétula”) vén do latín betulla, adaptación do nome céltico betu, derivando en Galicia como “biduedo”.

 

  • DESCRICIÓN
    Son árbores que medran altas e esveltas(entre 10 e 30m) dependendo da especie,sendo moi semellantes entre si.
    Posúen unha casca alba, asociada normalmente. Posúen unha casca alba,asociada normalmente aos lugares frescos. En Galicia son moi comúns, concretamente a especie “betula alba”.

 

  • DISTRIBUCIÓN E HÁBITAT
    Requiren zonas asolladas, solos acedos e silíceos que posúan humidade dabondo.
    En Galicia aparecen formando “bidueirais” ou coma unha das especies das fragas.
    Os bidueiros relaciónanse con infinidade de Os bidueiros relaciónanse con infinidade de especies, servindo de alimento a un gran número de lepidópteros.
  • APLICACIÓNS
    Os bidueiros son árbores versátiles. Teñen gran valor ornamental,pola súa casca prateada e o fermoso colorido da súa follaxe no outono.
    O zume,a casca,as follas,a madeira e as poliñas empréganse para alimento,material de construcción, tratamentos medicinais, lubricantes e outros usos.
    En Galicia facíanse zocas, culleres, cuncas, pezas do arado romando, máscaras de Entroido,tintura de imprenta...
    Coas súas ramiñas construíanse vasoiras e as súas  follas, ao seren diuréticas,foron remedio contra inflamacións renais e de vexiga.
    Así mesmo servía para elaboraren xabóns, champús, remedios para escorrentar moscase tabáns,como
    cosméticos,para facer xaropes...
    Noutros tempos,e grazas a súa flexibilidade e dureza,os mestres utilizaban as súas pólas para “se facer respectar”. Por iso era coñecida como a árbore da sabedoría.

 

  • SAN FINS DO CASTRO E OS BIDUEIROS
    Cada 1 de Agosto a Romaría de San Finsdo Castro é unha desas citas que une a veciñanza coa súa tradición.
    A carballeira é un espazo magnífico,que fai unha especie de escenario natural que garda no seu corazón a Capela de San Fins do Castro construída no século XIX, que conta cunha placa ao histórico párroco Saturnino Cuíñas,nomeado Fillo Predileto do Concello de Cabana de Bergantiños.
    Orientada á saída do sol,é única na comarca.
    Posúe varias especiesde árbores, entre eles os vellos bidueiros, algúns deles(e sempre según os
    parroquianos de máis idade) plantados hai máis de 90 anos.
    Ao seu carón a Fonte Santa,que coa súa auga milagreira curará as verrugas,sendo tamén moi
    sonado o “Berro Seco”e o “Santo de Pólvora”,así como cantigas tan populares coma aquela que di:
    “Meu Santo San Fins do Castro
    que lles dás aos teus romeiros
    auga da túa fontiña,
    sombra dos teus bidueiros”

Tamén conta a historia que esta carballeira alberga un poboado castrexo.

 
 
 

 

Día da árbore e da poesía 2024

Descargar VID-20240322-WA0000.mp4 [21.19MB]
Details

Radiovoz día da poesía e da árbore

Descargar AUD-20240320-WA0000.mp3 [9.86MB]
Details