NORMATIVA

HISTORIA DA FILOSOFÍA

A Historia da Filosofía ten como finalidade principal comprender os diversos enfoques cos que a Filosofía historicamente expuxo e respondeu aos problemas fundamentais do ser humano. Neste sentido, pódese dicir que completa o tratamento dos bloques temáticos previstos no currículo do curso anterior e introduce o tratamento de novos problemas máis complexos, sobre o coñecemento da realidade, a ética e a política.

En canto aos criterios de avaliación e os contidos, estes están distribuídos en tres bloques, referidos a tres intervalos históricos especialmente significativos na historia do pensamento filosófico occidental: a orixe e desenvolvemento da filosofía na Antigüedad grega, o xurdimento da modernidade europea a partir das súas raíces no pensamento e a cultura medieval e, por último, o clímax e a crise do pensamento moderno ata chegar ao heteroxéneo panorama filosófico dos nosos días. En cada un destes tres bloques enúncianse aqueles contidos que resulta esencial tratar nun curso básico de Historia da Filosofía no bacharelato.

Os criterios de avaliación e os contidos organízanse ao redor dunha serie de problemas filosóficos fundamentais e a partir do diálogo que mantiveron e manteñen entre si diferentes pensadoras e pensadores de diferentes épocas.