Día das Artes Galegas.png

Páxina colaborativa adicada á compilación das actividades levadas a cabo no centro co gallo da celebración do Día das Artes galegas.

A arte da Música e os Bailes tradicionais galegos

O artista Martín Mondragón "Mondra" estivo no IES Faro das Lúas impartindo un obradoiro de introdución ao baile galego. Con el, o noso alumnado aprendeu que a tradición e a innovación poden ir da man. A música e o baile galegos estanse a renovar.

O traxe tradicional galego

CANVA BAILE.png

Obradoiro de baile galego

Música en Galego

A arte do marisqueo

Dentro das artes de pesca, o marisqueo a pé é toda unha tradición nas Rías Baixas en xeral e na Ría de Arousa en particular. O noso alumnado tivo a oportunidade de participar nunha xornada entre as mariscadoras de Vilanova, e de vivir en primeira persoa como se mesturan as novas tecnoloxías e as técnicas tradicionais á hora de extraer e comercializar o marisco.

Un día coas mariscadoras...e os bivalvos

A arte da elaboración do viño

A nosa comarca é terra de viño albariño. A elaboración do viño sempre foi moi artesanal na nosa terra, pero coas visitas ás empresas GranBazán e Martín Códax, o noso alumnado puido comprobar que agora as bodegas se benefician da tecnoloxía máis punteira sen que afecte á calidade deste produto tan importante para a economía do Salnés.

Kahoot visita á Bodega de Granbazán

Quizizz Bodega GranBazán

Visita 3º ESO á bodega Martín Códax

Cargando ...

A arte das palilleiras

O encaixe de bolillos é típico de Galicia, especialmente coñecido o de Camariñas. Mais hai palilleiras en cada vila do país, e tamén as temos en Vilanova. Os rapaces e rapazas de 1º ESO, grazas a un obradoiro no que puideron aprender a palillar, tivo a sorte de presenciar en persoa a asombrosa destreza destas mulleres e as marabillosas pezas de encaixe que crean cos seus bolillos.

Chez les bretons

OBRADOIRO COAS PALILLEIRAS DE VILANOVA: MATERIAIS E FERRAMENTAS

How to make Bobbin lace. A Galician artscraft.

Video resumo das actividades do Día das Artes Galegas

Collage da Visita do escultor Manolo Chazo

Collage de Fotos Día das Artes IES FARO DAS LÚAS.png
Details

A arte da cestería

A cestería é un dos oficios tradicionais galegos en vías de desaparición. O cesteiro de Sanxenxo, Enrique Táboas, tróuxonos unha mostra do que se pode crear, obxectos de calidade e sostibles. O último cesteiro dunha familia de cesteiros, Enrique non cesa no seu empeño por que esta preciosa herdanza cultural nosa non se perda.

O último cesteiro

A cestería ao longo da Historia

Pechar

Pechado

Creative Commons