A bitácora do alumnado de Educación Infantil do colexio de Barouta.

Bitácora de Ed. Infantil

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

BAR-OUTA

Hoxe inauguramos o BAR-OUTA!

Que marabilla volver merendar un día á semana o bocadillo solidario co que axudamos ás compañeiras e compañeiros de 6ºEP a recadar cartos para a súa viaxe de fin de curso!

Cacao, queixo, chourizo, pavo ... mmmmmmmmm! Deliciosos!

Lembrámosvos que os pedidos faranse a través do formulario que vos chegará por Abalar e que os cartos (1,20€)  entregaranse na escola o venres (día no que abrirá o Bar-Outa todas as semanas).

 

Collage de Fotos Otoño Acuarela Minimalista Naranja.png

SAMAÍN

Samaín.jpg

Familias, 

A semana pasada celebramos o Samaín e como xa vos contamos noutro post, este ano indagamos sobre a súa orixe celta para achegarnos, aínda máis, á realidade desta tradición tan ancestral.

Así foi como nos convertemos en druídas no laboratorio para elaborar diferentes apócemas en pequeno grupo (de curación, de protección...). Para isto tivemos que seleccionar os ingredientes, picar e cortar, machacar e mesturar. Escribimos  os elementos que conformaban a apócema aportando ideas entre tod@s e así fomos aprendendo a colaborar para un obxectivo común.  Actividade completa completa! Pero ademáis elaboramos saquiños de protección con diferentes sementes e herbas  para protexernos na noite de Samaín xa que nesa noite ábrese a porta do outro mundo!

No teatro convertémonos en artesáns e artesás que elaboraron amuletos de protección capaces de espantar aos malos espíritos.

No obradoiro elaboramos espantaespíritos para protexernos da Santa Compaña, das bruxas, do tardo e doutros seres maléficos.

Xa que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro os nosos antergos, o pobo celta, despedían a estación de luz (verán),  daban a benvida á estación escura (outono e inverno) e daban  grazas á natureza por todos os froitos que lle daba facendo ofrendas, nós saímos ao monte para recoller froitos de outono e tamén debullamos millo para facer as nosas propias ofrendas. 
 
E o día 30 celebramos no campo da horta a Festa do Outono cunha ofrenda colectiva ( tamén cun contacontos de Cris Collazo previamente) e coa degustación de castañas asadas e sobremesas de outono!
 
Tedes todas as imaxes do traballo realizado nos  días previos e da propia festa PICANDO AQUÍ
 
 

DEGUSTACIÓN DE GRANADAS E MAZÁS

Non vos perdades a degustación de granadas e mazás que fixemos no mes de outubro!

#PDIPaparouta

Froitas de outono granada e mazá..png

No arquivo adxunto tedes toda a información e as imaxes.

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 DE OUTUBRO celebramos o Días das Bibliotecas coa inauguración da BiblioBarouta.

Día das Bibliotecas.jpg

No documento adxunto podedes ver a proposta que realizamos cos membros de Arenaria e picando AQUÍ podedes ver todas as imaxes!

SAMAÍN-SAMHAÍN

Descubrindo o Samhaín como parte do noso patrimonio inmaterial.

Facéndonos preguntas e buscando respostas, xogando a recrear a tradición para chegar a coñecer e comprender.

Se vós tamén queredes saber máis, tedes moita información no vídeo que adxuntamos!

Botádelle unha ollada! 

Video Samaín-Samaín.jpg

Preme na imaxe para ver o vídeo.

14 entradas
Details

Os nosos Podcasts

Aquí aparecerán os nosos podcasts.

Ver en RadioBarouta

Proxecto-RadioBarouta.png

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Escola no bosque

Escola no bosque.jpg

Guía Lecto-Escrita

Guía Lecto-Escrita.jpg.1

Recomendacións merendas saudables