O programa consiste en deseñarexecutar avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares

Blog de BEATRIZ GARCÍA GARCÍA

Ensaio "Don´t stop me now"

O pasado 26 de abril ensaiamos con todos os cursos do terceiro ciclo de educación primaria e tamén parte do profesorado que se animou. Realizamos o flashmob de "Don´t stop me now" de Queen.

Aquí vos adxunto unha pequena mostra.

 

Flashmob "Epo e tai tai é" e "Siyahamba"

O día 19 de abril realizamos o flashmob de "Epo e tai tai é" e "Siyahamba". Ademais dos nenos do primeiro ciclo, que xa o tiñan traballado na aula tamén participaron voluntariamente outros cursos do cole. Foi moi divertido!!

Adxunto os vídeos nos ficheiros que podedes descargar.

Campionato provincial de Cros. Centros educativos. Porto do Son 2024

PHOTO-2024-04-19-12-57-42.jpgPHOTO-2024-04-19-12-57-37.jpg

 

Coreografia Madre Tierra

O venres, día 22 de marzo realizamos a coreografía de Madre Tierra con todos os segundos de educación primaria.

Así iniciamos a primavera e despedimos o segundo trimestre do curso.

Foi moi moi divertido!!!

Aquí vos deixamos as fotos e os vídeos!!

collage chayanne.jpg

collage chayanne1.jpg

collage chayanne2.jpg

 

 

 

ECOPERCUSIÓN

O día 25 de xaneiro todo o alumnado de sexto e de primeiro de educación primaria tiveron a sorte de recibir un taller de ecopercusión impartido polo cubano Didier Diaz.

Didier Diaz é un percusionista cubano graduado en 1999 pola Escola profesional de música José White de Camaey  en Cuba. Tras varios anos desenrolando a súa carreira profesional como músico en Cuba e España, decidiu volcar a súa carreira na ecopercusión.

Os maiores realizaron o taller de percusión con material de refugallo e utilizaron como instrumento para practicar a percusión un balde de plástico de refugallo e unhas baquetas.

Desta forma crearon poliritmias usando patróns rítmicos de xéneros Afrocaribeños, desenrolando a coordinación, lateralidade, o traballo en grupo e o liderazgo.

Os máis pequenos realizaron un taller de percusión corporal utilizando diferentes partes do seu corpo como instrumento.

Ao final da mañá organizouse unha gran exhibición para o resto do cole. Foi marabilloso! Os nenos disfrutaron moito de poder exhibirse e os demais de poder velo e escoitalo!

Por aqui algunhas fotiños de recordo e tamén videos que recolleron o impresionante espectáculo.

10 entradas
Details