Details

BIBLIOTECA A RUMOROSA 2023-2024

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

A NOSA MASCOTA

A NOSA MASCOTA

LECTURAS DE SAMAÍN

LECTURAS DE SAMAÍN

INAUGURACIÓN

INAUGURACIÓN

CONTACONTOS SEMANA DO LIBRO

Aquí tendes unhas imaxes dos contacontos que se levaron a cabo nos recreos desta semana.

Moitas grazas ás mamás e papás colaboradores!

23 de abril - Día do Libro

Para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo unha actividade lectora ao aire libre onde, cada neno/a de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria, tiña un padriño ou madriña lectora.

Botádelle un ollo ás imaxes!

Semana do Libro

Para conmemorar a Semana do Libro (do 22 ao 26 de abril) organizáronse uns contacontos que se levarán a cabo durante os recreos da próxima semana.

Dende a Biblioteca A Rumorosa queremos agradecer a participación das familias colaboradoras.

Details

Formación de usuarios

Todo listo!

Ao longo destos días, todo o alumnado pasará pola biblioteca A Rumorosa para converterse en investigadores e investigadoras a través dun xogo de pistas que lles axudará a coñecer un pouco máis o seu funcionamento.

Comezamos coa formación de usuarios!

Semana da Prensa

Aquí temos o xornal creado por todas as aulas do centro: Se non o leo, non o creo!

Pola semana da prensa cada aula elaborou unha páxina deste xornal tan curioso e divertido.

Botádelle unha ollada! Pincha no enlace inferior e pasa as páxinas.

Regalo da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Dende a Biblioteca A Rumorosa queremos facerlle chegar o noso agradecemento á asesora de Bibliotecas Escolares por acompañarnos o día da inauguración e tamén polo detalle que tivo con nós ao agasallarnos con estes tres libros.
Pouco a pouco imos enchendo os nosos andeis!

Details

Mochilas Viaxeiras

Dende a biblio poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS! Cada clase dispoñerá dunha mochila chea de libros que irá percorrendo cada unha das casas do alumnado. Estas mochilas serán entregadas os mércores e deberán devolverse o martes seguinte. Ademais dos 4 libros, dentro da mochila tamén hai un caderno no que poderedes escribir o libro que mais vos gustou, debuxar algo sobre un dos libros, pegar unha foto dunha receita que levarades a cabo, deixar algunha proposta ou recomendación...

Dende o equipo de biblio esperamos que desfrutedes moito delas!

 

Agasallo da Fundación Eduardo Pondal

Hoxe recibimos un agasallo da Fundación Eduardo Pondal: unha reedición do libro "Gundar e o cabalo de oito patas" de Xelucho Abella Chouciño, antigo profesor de filosofía do IES de Ponteceso. 

Esta obra de literatura xuvenil foi editada por primeira vez no 1991. Está ambientada na Idade Media e na xeografía malpicá (lugar de nacemento do seu autor).

Se queredes mais información podedes consultar o artigo que se atopa a continuación.

Primeiros días na nosa nova Biblioteca

Estes días estamos descubrindo todos os libros e todos os novos recursos que temos dispoñibles na nosa nova biblioteca. Bótalle un ollo ás imaxes e ao vídeo! Estamos pasando uns momentos do máis divertido!

Descargar VID_20231212_120253.mp4 [15.3MB]
Details