25N.jpeg1.jpg

 

 

 

 

O 24 de novembro (venres) levouse a cabo na Biblioteca do centro unha actividade que o concello de Forcarei organizou para este día. Trátase dunha campaña de reflexión e sensibilización que o concello quere achegar á cidadanía e moi especialmente ao alumnado dos centros educativos do concello.

O obxectivo da mesma non é outro que concienciar das desigualdades de xénero e das consecuencias que xeran esas desigualdades na sociedade, en xeral, e sobre todo, na muller.

A actividade, que durou aproximadamente 1 hora, pretendeu que todos e todas, miraran diferentes situacións cotiás baixo a mesma mirada: a mirada da igualdade. Para levala acabo contouse con diferente material (gafas violetas, carteis, folletos de sensibilización, bolígrafos...)

 

Agradecemos a iniciativa do noso concello que con este acto pretendeu que o alumnado do centro reflexionara sobre certos estereotipos e situacións de desigualdade. Nas mans destes cativos, e da EDUCACIÓN que reciban, está a solución a este grave problema social. 

ENTRE TODOS E TODAS SERÁ POSIBLE!!!