Obxetivos, Contidos, Recursos, Metodoloxía .... do Proxecto

Entroido Galego

Details

Contidos

- Historia do Entroido  co manexo de bibliografía especializada valorando a importancia da tradición e contribuíndo á súa conservación.
- Cultura popular e manifestacións de Entroido espertando a curiosidade polo propio, desenvolvendo mecanismos de sensibilización e amosando unha actitude crítica ante a perda dalgunhas tradicións.
-  Apreciación e valoración das formas de vida e de pensamento pasadas e actuais.
- Xeografía das comarcas onde se clebran os diferentes entroidos.
- Identificación e comparación do papel que desenvolven os diferentes personaxes do Entroido.
- Respecto e aprecio cara a todas as figuras que aparecen,  identificando as súas características e comportamentos.
- Patrimonio inmaterial do Entroido a través da literatura popular de tradición oral coa lectura, análise, comentario e produción de vivas e coplas.
- Utilización da terminoloxía básica relacionada co Entroido na zona de Pontevedra

Details

Obxetivos

1- Coñecer, apreciar e valorar os aspectos fundamentais dos Entroidos tradicionais de Galicia.
2- Divulgar os Entroidos das comarcas galegas.
3- Familiarizarse co vocabulario específico sobre o Entroido
4- Sensibilizar á comunidade educativa na importancia e conservación do patrimonio cultural e das súas tradicións.

Details

Metodoloxía

A metodoloxía didáctica empregada será fundamentalmente comunicativa, inclusiva, activa e participativa, tanto dentro como fóra da aula. Ademais, basearase na observación e na investigación. A partir das experiencias individuais e dos coñecementos previos, fomentarase traballo en equipo, suscitando preguntas e provocando debates sobre o contorno no que vivimos, xa sexa académico, social ou familiar. Así, será fundamental o aproveitamento dos recursos propios da zona, non soamente humanos, senón tamén físicos.

Details

Temporalización

O desenvolvemento da unidade didáctica levarase a cabo durante o segundo trimestre do curso escolar. Así, as diferentes actividades propostas están deseñadas para realizarse entre un mes e unha semana antes da celebración do Entroido.

Details

Recursos sobre o Entroido

Diversos materiais impresos, audiovisuais, informáticos, funxibles e inventariables que acompañán  este proxecto

Details

Competencias Clave

Comunicación lingüística (CCL). A lingua como instrumento de comunicación oral e escrita estará presente en toda a unidade. Fomentarase a lectura e a compresión, a adquisición de vocabulario e a construción de textos a través de diferentes actividades. Tamén se incidirá nas mensaxes orais e na fluidez do modo de expresarse e de actuar.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT). A habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático. Nas actividades propostas traballaranse tanto formas xeométricas como a resolución de problemas de situacións cotiás. Ademais, trataranse de comprender os cambios provocados pola actividade humana.
Competencia dixital (CD). Buscaranse e procesaranse datos para transformalos en coñecemento sobre o Entroido na Galiza, especialmente os da contorna. Potenciarase o uso do ordenador e de internet para obter información e presentala.
Aprender a aprender (CAA). Aprender a aprender supón esforzarse por acadar resultados, favorecendo a iniciativa, a creatividade e a orixinalidade.
Competencias sociais e cívicas (CSC). A realidade social na que vivimos será mellor comprendida grazas a algunhas das actividades propostas, así como co coñecemento do pasado. Traballarase en equipo, seguindo as normas dadas, fomentando o compañeirismo e asumindo responsabilidades.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). A creatividade e a innovación estarán presentes nas propostas realizadas.
Conciencia e expresións culturais (CCEC). Coñeceranse as manifestacións do Entroido desde o século XIX ata a actualidade. Ademais, farase un achegamento ao patrimonio que nos rodea, aprendendo a respectalo e a valoralo. Traballarase a expresión creativa de ideas, experiencias e emocións na literatura popular, na música, na posta en escena e nas manualidades.

Details