O venres 15 de decembro o noso alumnado achegouse ao concello de A Estrada para desfrutar dunha sesión de cine e convivencia co Ceip Nosa Señora das Dores de Forcarei.

A película seleccionada foi: "Mavka, guardiana del bosque."

A xornada contou, por suposto, con degustación de pombiñas de millo e bebidas.

Tamén puideron desfrutar dun paseo polo concello de A Estrada.cine.jpg

Sen dúbida unha mañá máxica nestes días previos ao Nadal. Unha oportunidade magnífica para estreitar lazos co noso centro veciño, sobre todo para o alumnado de 6º de Primaria, que compartirá instituto o vindeiro curso.

Details
Details

Unha imaxe

Details
Details

Unha imaxe