Os Polos Creativos
O CEIP López Ferreiro participa desde o curso 2022-23 no Programa de Innovación Educativa Polos Creativos da Xunta de Galicia.
No noso proxecto de solicitude incluímos como obxectivos fundamentais os de aplicar a creatividade na práctica docente, fomentar a cultura da innovación educativa e implementar as boas prácticas na aula, dotando ao alumnado de estratexias e recursos educativos que promovan o pleno desenvolvemento da súa personalidade, benestar emocional e competencias para a vida. Por suposto, nun marco de inclusión e igualdade de oportunidades conforme á Axenda 2030.
Nesta páxina iremos compartindo as proposta que desenvolvamos no marco dos Polos Creativos.
Os "Venres Creativos" do CEIP López Ferreiro
Un pequeno resumo.
Para a posta en marcha do Polo Creativo, o noso centro decidiu embarcarse nunha proposta que implicase a todo o alumnado (desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria) e a todo o profesorado da escola. Chamámola: os venres creativos.
Durante o 1º curso 2022-23 leváronse a cabo 8 sesións nas que se desenvolveron 25 obradoiros simultáneos.
Neste curso 2023-24 desenvolvimos 21 obradoiros simultáneos e implementamos unha novidade: o alumnado de 5º-6ºEP desenvolveu un voluntariado nos Bloques Inicial e Medio, apoiando ao profesorado guía dos mesmos.