Blog de Innovación e formación do profesorado / Blog de Innovación e formación do profesorado /
Curso de Electrónica básica e IoT para Mariñeir@s

O pasado mes de Abril e Maio desenvolveuse un mini curso de iniciación de electrónica para pescadores. Este curso estivo enmarcado no proxecto Pesca 4.0, premiado na convocatoria Dualiza 2023. 

O Curso desenvolveuse no local do GALP Golfo Artabro Sur, situado en Sada durante varios sábados, e foi unha primeira aproximación ás técnicas de deseño electrónico para xente que en principio non tiña nada que ver con estas tecnoloxías. No curso, desenvolveuse un dispositivo achicador que ademáis avisa ao patrón no teléfono móvil por se houbese unha vía de auga na embarcación. 

curso electrónica para mariñeiros.jpeg