Blog de Innovación e formación do profesorado / Blog de Innovación e formación do profesorado /
Participación do CIFP Universidade laboral no Programa Talentos Inclusivos

O noso centro participou no programa Talentos Inclusivos na edición deste cuurso académico, cun reto chamado "Pulsador Intelixente". Este programa está organizado polo CITIC da Universidade da Coruña, en colaboración con ASPACE, asociación de familias de persoas con parálise cerebral, e se trata de poder facer algo que poda facilitar un pouco a vida diaria destas persoas.  

IMG_20240627_081929.jpg

O proxecto "Pulsador Intelixente"  foi desenvolvido polos alumnos do segundo curso de FP Básica de Electrónica, xunto co grupo de fp Básica de adultos Retorna Talento. O obxectivo deste proxecto foi crear un pulsador sen contacto que permita a usuarios con parálise cerebral comunicarse facilmente mediante un cambio de cor nun LED e o envío dunha mensaxe a unha pantalla e unha aplicación. O sistema está baseado en tecnoloxía MQTT e utiliza microcontroladores ESP32 e ESP8266 para a súa implementación.

A Experiencia foi excelente e tivo moi boa acollida na feira final onde todos os centros participates expuxeron o seu proxecto. Xa agardamos participar o ano que ven !!!

.trashed-1720951707-IMG_20240614_115742.jpg