Blog de Innovación e formación do profesorado /
Proxecto "Caixa Laranxa"

Neste verán, non pararemos de traballar. Nos embarcaremos nun novo proxecto de innovación, esta vez ao marxen de ningunha convocatoria, pero moi interesante. Trátase de conseguir facer unha base de datos sobre algúns parámetros a bordo dos barcos de pesca do cerco. 

O Proxecto consistirá en deseñar unha caixa "laranxa" que conteña toda a electrónica para poder enviar a Terra via LoRaWAN ou ben LTE información sobre as embarcacions para poder ser rexistradas nunha base de datos, e está a desenvolverse co patrocinio de ACERGA, a asociación de Cerco de Galicia.