DÍA DA MULLER
Polo Día da Muller traballamos a importancia da igualdade de oportunidades a partires do conto Daniela Pirata onde a súa protagonista quere ser pirata pero o capitán do barco non está de acordo polo feito de ser unha nena. O capitán mándalle facer varias probas e supéralas todas pero ,aínda así, o capitán non lle deixa converterse en pirata. O resto de piratas deciden apoiar a Daniela e finalmente chega a ser unha gran pirata e a capitá do barco. Despois da lectura e comprensión do conto os nenos e nenas convertéronse en piratas para dar o noso apoio a Daniela.
