Acceder

Condicións

Condicións de uso

Os/as usuarios/as de Agueiro (profesorado, alumnado e centros educativos) deberán respectar en todo momento os seguintes termos e condicións de uso:
 

  1. Para poder ser usuario/a de Agueiro é imprescindible ser profesor/a ou alumno/a dun centro educativo galego de ensino non universitario.
  2. A identificación do usuario de Agueiro está vinculada a unha conta corporativa de usuario/a.
  3. Nesta plataforma non se permiten comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido, non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos usuarios como o abuso, a intimidación, o acoso ou a ameaza.
  4. Non se permite transmitir a través desta plataforma calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola actual normativa da propiedade industrial, propiedade intelectual e/ou protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  5. Todos os contidos e informacións publicadas en Agueiro por parte de calquera dos seus usuarios deben respectar os dereitos de protección de menores, así como tamén os referidos á integridade moral dos demais usuarios de Agueiro e de terceiras persoas.
  6. Non está permitido o uso desta plataforma con fins distintos aos estritamente educativos.
  7. Non se permite o uso con fins comerciais, intervencións con ánimo de lucro, nin a promoción ou difusión de ningún tipo de grupos ou asociacións políticas ou relixiosas.
  8. Ningún usuario de Agueiro pode usar esta plataforma con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados.
  9. É responsabilidade do/a usuario/a a realización de copias de seguridade dos seus propios contidos.

O incumprimento de algunha das condicións expostas anteriormente pode ter como resultado a expulsión inmediata do usuario desta plataforma e a cancelación da súa conta de usuario.

Os administradores desta plataforma teñen a capacidade de executar este tipo de accións sancionadoras contra o usuario.
En calquera caso, os responsables de Agueiro, AMTEGA e a Consellería de Educación  resérvanse o dereito de emprender as sancións e accións legais que se estimen oportunas en cada caso.