Fichas de traballo de clase de 2º BAC Física
Nas fichas que podedes atopar no blogue tendes as diferentes unidades que traballo cos meus estudantes de 2º BAC.
As fichas de traballo teñen as indicacións das cuestións teóricas que debemos introducir en clase, sen estenderse nas explicacións, salvo nas unidades de Nuclear e Relatividade. Isto fágoo así pola premura de tempo que atopamos neste curso, e a flexibilidade e capacidade de adaptación do profesorado ao grupo é mellor, ao meu xuízo, se non facemos seguidismo dos libros de texto. No caso das unidades de nuclear e relatividade, as explicacións que indico son as que, ao longo destes últimos 15 anos ensinando a Física do derradeiro curso, mellor me funcionaron, e non coinciden en desenvolvemento coas unidades que proporcionan os diversos libros de texto.
- Gravitación
- Electrostática
- Magnetismo
- Oscilacions e ondas
- Óptica xeométrica
- Nuclear
- Relatividade e cuántica