Documentación saída 4º ESO: Londres, maio 2025
Bo día.
Avisamos de que xa podedes realizar o trámite para conseguir a autorización de viaxe dixital (ETA) para entrar en Reino Unido. Ata o día 9 de abril o custe deste permiso é de 10 libras (sobre 12 euros) pero, a partir desa data, subirá o prezo, polo que convén facelo canto antes.
Aquí tedes a información sobre o permiso, que ten validez de 2 anos e que se poderá solicitar a través dunha app no móbil.
Nesta páxina poderedes acceder á descarga da app, na que deberedes introducir os datos que vos pidan, entre eles, a información do pasaporte vixente do/a alumno/a. Unha vez feito o trámite, non fai falta que imprimades nada, xa que este permiso queda automaticamente asociado co pasaporte da rapazada.
Lembrade que en Edixgal deberedes subir foto ou copia escaneada do DNI, pasaporte, tarxeta sanitaria europea, permiso de saída de menores (xa podedes levalo á Garda Civil, xa que ten unha validez de 90 días), así como unha captura do permiso de entrada ao Reino Unido.
Se alguén ten algunha dúbida pode chamar ao centro para falar coa vicedirectora.
Grazas.