INVENTOS: MÁQUINA DE ESCRIBIR
Naturizo e Amelia coñeceron a máquina de escribir. Ao principio os nenos e nenas tampouco sabían que era esta máquina. Algúns nenos/as pensaban que era unha máquina de imprimir… non andaban moi lonxe. Así que investigamos un pouquiño e probamos a escribir nela. Colocamos o folio dándolle a roda e…. Comezamos! Cada rapaz/a foi escribindo o seu nome. Cando a folla chega ao final da marxe dereita a máquina fai un sonido… que curioso!!!

Depois camparamos co teclado do ordenador. Este teclado é máis brandiño e as letras poden aparecer en varias cores.
