23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO NA RAMALLOSA

Hoxe, 23 de abril, celebramos no noso colexio o Día do Libro, unha data moi especial que nos convida a festexar a lectura, a imaxinación e o pracer de compartir historias.
Como cada ano, organizamos unha actividade moi esperada: os nenos e nenas puideron escoller un conto dos expostos no centro e levalo de agasallo para a casa. A emoción nos seus ollos ao elixir o seu libro favorito foi un reflexo claro de que a lectura segue a ser unha fonte inesgotable de ilusión.
Despois, nas aulas, os alumnos e alumnas tiveronp a oportunidade de ler o seu conto diante dos compañeiros. Foi un momento cheo de atención, respecto e entusiasmo, onde as palabras cobraron vida grazas ás súas voces e á súa entrega.
Esta xornada non só fomentou o amor polos libros, senón tamén valores como a expresión oral, a escoita activa e a confianza en si mesmos.
Celebrar o Día do Libro así, con contos que viaxan das mans ás emocións, é unha das mellores formas de sementar lectores e lectoras para toda a vida.
¡Feliz Día do Libro a todas e todos! 📚✨
