Acceder

🪐 Descubrindo o Sistema Solar en Primeiro E.P.🚀

    Aula de Primeiro A
    image

    Neste ultimo tema de ciencias, na aula de primeiro de primaria, embarcámonos nunha viaxe moi especial… ao espazo exterior! 🌌Estivemos traballando o Sistema Solar, un tema que esperta moitísima curiosidade no noso alumnado.

    Comezamos a semana cun vídeo animado onde puideron coñecer os nomes dos planetas e a súa orde arredor do Sol. Logo, fixemos unha divertida canción para axudar a lembrar todos: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. 🎶

    image

    Falamos das características de cada planeta: de que cor é, se é quente ou frío, gasoso ou rochoso, se é grande ou pequeno... e despois fixemos entre todos un mini sistema solar para colgar no teito da aula. Quedounos espectacular! 🌍✨ 

    Tamén fixemos xogos para aprender vocabulario como "órbita", "astro", "estrela", "satélite" ou "galaxia", e incluso creamos pequenos planetas de plastilina.

    image   image

    Un dos momentos máis especiais foi cando creamos a nosa propia “caixa lunar” 🌕: unha maqueta onde representamos a lúa coas súas fases usando galletas oreo. 

    Este tipo de actividades axudan a desenvolver a súa curiosidade científica, a súa creatividade e tamén o traballo en equipo. Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos!

    Xa estamos pensando na seguinte parada do noso proxecto de ciencias… a que lugar nos levará a nosa nave imaxinaria?